Homenaxe popular: 80 aniversario dos asasinatos de Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez

PROGRAMA

Sábado, 13 de xaneiro de 2018

12:00h.-Acto homenaxe no parque a carón do Cemiterio Vello.

Interviron:

Antonio Reigosa. Cronista oficial de Mondoñedo.

Angeles Rodríguez (Portavoz municipal do PP)

Eloi Cabanas (Portavoz municipal do BNG)

Esperanza González (Portavoz municipal do PSOE)

Pedro González (Neto de Siervo Gonález). Graciano Pardo (Neto de Graciano Paz). Actuación musical de Cesar Morán

13:00h.- Ofrenda floral no Cemiterio Vello aos asasinados nas Voltas de Prado en 1936, a cargo de Xulio Rodríguez.

13:15h.-Mesa redonda na Casa da Xuventude sobre os tres homenaxeados.

Ramón Ermida e Eliseo Fernández. Moderador: Fran Bouso

14:30 h.- Xantar de confraternidade na Casa da Penela

Cartaz

Fotografía: Daniel Caxigueiro. Deseño: Diego Núñez

Organización: Xulio Rodríguez, Ramón Ermida, Bernardo Penabade, Daniel Caxigueiro.



Homenaje a Siervo González Rivas

Buenos días, vecinos de Mondoñedo!

Antes de dirigirme a vosotros me gustaría dar un especial agradecimiento a Ramón Ermida y Eliseo Fernández, escritores e historiadores, personas que no siendo fácil estuvieron indagando en las profundidades de las memorias de las personas y las consciencias de aquellos que sobrevivieron en aquellos tiempos difíciles, donde la dignidad humana llevó a muchos desaprensivos a la “sin razón”

Ramón y Eliseo con su tenacidad han conseguido que la verdad vea la luz, y que el silencio de  80 años se rompa para poder recordar a nuestros abuelos desaparecidos, en una de las mayores aberraciones humanas “una guerra civil”.

Algunos de vosotros habréis oído hablar de mi abuelo, Siervo González Rivas, otros quizás no tanto.

Funcionario municipal.

Directivo de la Sociedad de Obreros Católicos.

Presidente de la sección local de la Confederación Nacional de Trabajo.

Militante del Partido Sindicalista.

Militante de La Unión Sindicalista Gallega siendo cabeza de lista para las elecciones al Congreso en 1933.

Familiares de Siervo González e Graciano Paz

Familiares de Siervo González e Graciano Paz

Por su activismo entenderéis fue una persona volcada en defender los derechos de los trabajadores, luchador por los derechos sociales de un Mondoñedo mejor.

Su vida aunque lamentablemente corta fue intensa, no lo digo yo, lo dicen los cronistas e historiadores.

Muy poco hemos sabido mi familia y  yo del abuelo “Siervo”, la oscuridad y el silencio de una tragedia de estas dimensiones así como la presión política, hizo que en mi familia, el miedo a hablar de este tema, fuera una constante hasta hace pocos años, quizás para no abrir heridas, quizás para proteger a sus hijos, mi madre, Araceli, nunca nos hablaba de cómo, cuándo y porque murió el abuelo, hoy estaría orgullosa de este homenaje y de su pueblo (siempre lo estuvo)

Detrás de un buen hombre hay siempre una gran mujer.

Hoy el homenaje es para Siervo, Graciano y Manuel, pero desde esta oportunidad que me dais, quisiera resaltar la  humanidad, la dedicación  y determinación de su mujer, y mi abuela, Xusta (Justa)

A sus 44 años se quedó sin su pareja, sin su amor, sin su apoyo, con el corazón y una familia destrozada, 5 hijos desde los 14 años de edad hasta el último hijo con un año de edad, todo un drama, toda una carga a priori imposible de llevar.

Pues bien, supo educar a sus hijos desde el perdón a quienes asesinaron a su marido, supo llevarles por el camino de la educación y el respeto a los demás, supo hacerles crecer como personas aun con las ausencias de  su padre y marido.

No estaba sola, es cierto, su familia más cercana la ayudaron aunque fuera en la clandestinidad y así me consta, supieron compartir con ella lo poco que tenían.

Quiero resaltar la figura de  mi abuela, luchadora madre coraje, incansable, de mirada triste, con unos ojos que recordaban los azules de su Mariña querida, el negro fue hasta su muerte el único color que blandían sus atuendos, sus vestiduras.

Mujer guapa, mujer afable, cariñosa tierna, transmitía Paz, Amor, mujer enamorada de su Mondoñedo.

Mi corazón y mi pensamiento estarán siempre con ellos, mis abuelos.

Antes de terminar quisiera agradecer las muestras de cariño que mi familia y en especial mis hijos, los biznietos de Siervo y Justa, han recibido cuando por cualquier circunstancia en una de sus muchas visitas a Mondoñedo, los habéis identificado como la familia de Siervo, dándoles muestras de afecto y dolor por lo acontecido, ellos también os mandan un especial abrazo por vuestra generosidad

Francisco Ayala, escritor, jurista y profesor dijo:

«La guerra civil es un hecho en el pasado y en la historia, y se puede interpretar con una perspectiva de lejanía. Para los que la hemos vivido / sufrido puede ser motivo para la curiosidad, pero también un recuerdo que duele. Que cada uno reaccione frente a los acontecimientos históricos como los sienta. Y que sea capaz de expresar su particular visión de ellos».

 Y yo añado, solo así cerraremos el capítulo de la mayor tragedia vivida en este país  “La Guerra Civil”.

Muchas gracias por vuestra atención

Pedro González (neto de Siervo González Rivas)


Aniversario

Gracias pola invitación a este acto e gracias a todas as personas que fixeron posible a homenaxe a Siervo, Manuel e Graciano, o meu abuelo. Gracias, sobre todo, en nome de dúas mulleres: Mercedes, miña abuela e Arcadia, miña mai, que foron as que sufriron o brutal choque de arrincarlles do seu lado a persoa que era o faro das súas vidas, porque uns desalmados cegados polo odio e alimentados por un fanatismo sen límites, deciden acabar coa vida dunhas persoas que cometeron o delito de pensar diferente e loitar por un mundo máis xusto.

Cando Antonio Reigosa me chama e me conta o que se está programando, veume á cabeza o que en moitas ocasións me ten contado miña mai, xa que a miña abuela xamais falou disto. De feito ela morreu con 73 anos, e facía 6 ou 7 que perdera a cabeza. As razóns non as sei, pero o sufrimento que levou dentro só ela o sabía.

Miña mai, filla de Graciano, levou a espiña cravada toda a vida, porque por si o asasinato non fora pouco, logo viñeron sancións, expropiacións, rexistros…

Como en todos estes sucesos, están os que apertan o gatillo e os indutores, na sombra.

O fanatismo cega, sexa cal sexa o signo político, e leva a cometer actos como os que aconteceron fai 80 anos, e que segaron caprichosa e inxustamente a vida  de Siervo, Manuel e Graciano.

TRES HOMES BOS!

Graciano Pardo (neto de Graciano Paz Amieiro)


Fillos da verdade, voceiros de liberdade

Se non fósemos fillos do medo e escravos do silencio non tardariamos 80 anos en reivindicar a límpida memoria dos tres asasinados aquí mesmo na mañanciña do 12 de xaneiro de 1938.

As nosas avoas e avós padeceron ese medo en carne viva, moitos e moitas pagárono con fame, con torturas ou coa cadea, algúns coa vida. As nosas nais e os nosos pais criáronse mergullados na asfixia dese medo; no medo a ser, no medo a non comer, no medo a facer, no medo a pensar, no medo a dicir …

Nós, falo xa da miña xeración, somos, consciente ou inconscientemente, fillas e fillos dese medo. Criámonos respirando medo, ignorando a posibilidade doutra opción de vida que non fose esa disciplina tiránica do medo.

80 anos despois da execución de Graciano, Siervo e Manuel reunímonos aquí, por fin!, a carón de onde eles caeron, para dicirlle aos seus familiares aquí presentes, ao resto de mindonienses e ao mundo, aínda que fose demorado en exceso este acto de desagravio, que eles os tres eran homes absolutamente inocentes, que non cometeran nin o máis cativo delito nin a máis pequena falta, e que os mataron única e exclusivamente porque os seus asasinos obedecían con entusiasmo enfermizo ordes fascistas.

Non estamos aquí para facer unha lista cos nomes dos seus asasinos, nin sequera cos dos seus instigadores, verdadeiros autores morais e intelectuais do horrible crime, a pesar de que sería relativamente doado poñer nomes nela. Moi doado pero insensato!

O máis probable é que nos equivocásemos nalgún deses nomes e esa simple posibilidade faríanos cometer a mesma estupidez que cometeron os que sinalaron a Graciano, Siervo e Manuel como “chibos expiatorios” para escarmento do resto dos veciños e veciñas do Mondoñedo daquel entón.

Graciano Paz Amieiro, Siervo González Rivas e Manuel Rodríguez Núñez foron detidos o 10 ou o 11 de xaneiro de 1938 e esa primeira noite, ou a segunda, sacáronos á forza do antigo cárcere de Mondoñedo, para “pasealos” e asasinalos na madrugada do mércores, 12 de xaneiro de 1938.

Imaxinade o piquete criminal: un grupo de lacaios do odio irracional e inhumano do que formaban parte ao parecer gardas civís e milicianos falanxistas.

Siervo González Rivas tiña 52 anos e estaba casado, era pai de 4 fillos. fora funcionario municipal, fora candidato a Cortes pola Unión Socialista Galega e era secretario local da CNT. Graciano Paz Amieiro tiña 45 anos, casado e con unha filla, Arcadia. Era latoeiro de profesión e dirixente da Unión Socialista Galega. Manuel Rodríguez Núñez, de 45 anos, casado, sen fillos, era comerciante e militante da CNT.

Matáronos e abandonaron os seus corpos para, como facinorosos furtivos, fuxir covardemente ao agocho da conivencia do novo rexime.

Antes de alborexar, unha muller que madrugara para rozar mulime tropeza coa macabra escena; algún aínda xemía, moribundo. Tamén se conta que pouco despois, cando a esposa de Graciano Paz ía camiño do cárcere cunha cazola de caldo para o seu home, alguén, que xa sabía o que acontecera, díxolle:

—Dá a volta para a casa; a Graciano xa non lle fai falta!

Ninguén, ningunha autoridade, ningún fiscal nin xuíz actuou, ningunha denuncia, ningún sospeitoso … O silencio cómplice do medo!

Así actúa o fascismo, con nocturnidade e impunidade total.

Os tres formaran parte do sindicalismo católico local no que tiveran cargos de certa relevancia e tamén conflitos por esixiren transparencia nas contas. Foron moi activos tanto política como sindicalmente na II República (disto falan con máis coñecemento Moncho Ermida e Eliseo Fernández) e a partir do 18 de xullo de 1936 foron sometidos a vixilancia cando non a extorsión: Siervo foi expulsado do concello e os outros dous multados e denunciados varias veces.

Dise que aquí non houbo guerra nin tampouco, polo visto, a houbo no resto de Galicia. Eso é o que se di!

Para quen así o crea propóñolle consultar a xa abondosa bibliografía sobre o tema, pero sobre todo recoméndolle que contemple as estampas dos álbums de Castelao “Galicia mártir”, “Atila en Galicia” e “Milicianos” porque máis que de guerra, que tamén, contan do horror da represión, do goberno do odio, da violencia selvaxe.

Que tipo de fe ou ideario pode contaminar as nosas cabezas ata forzarnos a actuar como greas teledirixidas, capaces de matar como fan as mandas de bestas depredadoras, cegas de fame ou de sede? Neste caso, fame ou sede, máis que de comida ou auga, de sangue humano!

A uns metros de aquí, dentro do recinto deste Vello Cemiterio, foron exhumados en 2009 pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e a petición de familiares os restos doutras vítimas.

En total eran 7. Foron “paseados” desde Ribadeo. A 5 matáronos nas Voltas de Prado, pouco despois do Mirador, na madrugada do 12 de setembro de 1936.

Chamábanse Bruno Martínez, Florencio Carballo, Enrique Navarrete, Antonio María López (estes de Ribadeo) e Enrique Val Blanco, de Viveiro.

O corpo dun deles xa fora exhumado clandestinamente pola década de 1940.

Poucos días despois do asasinato destes 5, o día 20 de setembro, apareceu o corpo doutro veciño de Ribadeo, José Antonio Díaz “O Crixo” no lugar das Plazas, Argomoso. Parece que conseguira escapar con feridas da matanza das curvas de Prado e alí rematárono; o seu corpo tamén foi exhumado nesa parroquia naqueles días de 2009.

O corpo do sétimo apareceu poucodespois, o 7 de outubro, nas Casas de Arriba, parroquia de San Vicente, e era coñecido como “O Churrero” de Ribadeo.

Anos terribles os da mal chamada guerra civil! Todos horribles sen excepción, pero o de hai 80 anos, 1938, non se lle quedou atrás, polo menos aquí en Mondoñedo. E iso, segundo algúns, que a guerra andaba lonxe, mais a realidade era moito máis triste e moi distinta.

Despois de deter e asasinar a Graciano, Siervo e Manuel naqueles primeiros días de xaneiro de 1938, uns días despois e segundo fontes orais, outros libráronse de milagre de que lles pasase o mesmo. Contan dun militar que se interpuxo para evitalo.

Pouco despois, o 10 de abril, celébrase consello de guerra na Coruña contra os mindonienses José Sánchez Gacio (fora gobernador civil da Coruña e presidente da Deputación de Lugo), Guillermo Otero Villalba “Alvariño”, Francisco García Martínez, José Ramón Villamarín Pallín (alcalde de Mondoñedo ata o 18 de xullo de 1936), Alfredo Martínez Martínez, Patricio Vijande Villar, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio “Tatino”, Emilio González Valoría “O Purrelo”, Eloy Castro Borrego e Germán Fanego Salaverri Todos eles foran detidos en agosto de 1936. A acusación, sempre a mesma e moi curiosa senón fose tráxica: auxilio á rebelión militar. Pero, quen se rebelara?

A sentenza ten data de 24 de xuño dese mesmo ano e condena a José Sánchez Gacio e Guillermo Otero Villaba, “Alvariño” a pena de morte; a Alfredo Martínez Martínez, Patricio Vijande Villar, Graciano Leivas Freire e Emilio González Valoría “O Purrelo”, a reclusión perpetua; e a José Ramón Villamarín Pallín, exalcalde, e ao médico Germán Fanego Salaverri, a 6 anos e un día de cadea. A Fanego rebaixóuselle a pena a dous anos por bo comportamento.

Na mesma sentenza condenaron a Francisco García Martínez, secretario do concello de Alfoz, a reclusión perpetua, e a Eloy Castro Borrego, exalcalde do mesmo concello, a 12 anos e un día.

Moitas destas sentenzas foron revisadas e acabaron en desterros e outras penas, pero sempre co calvario do escarnio público enriba da existencia dos condenados e das súas familias. Sempre sinalados, sempre nas bocas do bisbeo malintencionado.

O domingo 11 de setembro, coincidindo coa celebración do segundo centenario do Santuario dos Remedios, a comisión xestora do concello de Mondoñedo institúe o chamado Voto, e na ofrenda, o entón alcalde que fora nomeado pola autoridade militar ilexítima agradece reiteradamente á Virxe, na presenza do bispo, de representantes dos concellos da antiga provincia e doutras autoridades, “habernos librado de la dominación roja”.

E aquel mesmo día pola tarde inaugúrouse solemnemente o chamado Altar de los Caídos, acto ao que asisten tamén todas as autoridades relixiosas, militares e da Falanxe. Un monumento, como saben, erixido incluso antes de acabar a guerra en memoria dos mártires do bando golpista, monumento que a maioría lembramos situado na Alameda dos Remedios, a carón do Hospital de San Pablo.

 Parece obvio que non comezaba nin acababa conciliador aquel ano 1938; ao contrario. O ano seguinte confirmou a instauración definitiva dunha ditadura que había durar ata 1975 coa morte na cama do ditador. Unha ditadura que causou moitas máis vítimas de todo tipo pero o máis grave foi que borrou, que lixou con carraxe a dignidade e a memoria dos que só cometerán o delito de ser fieis á legalidade democrática.

Houbo outros moitos detidos, unha longa lista, e mortos como Luis Trigo Chao “O Gardarríos” (abatido en Lourenzá o 25 de xuño de 1948). Vítimas de todo tipo: do estraperlo (a enorme corrupción do franquismo), de traballos forzados, da impunidade, do medo …

Homenaxe a Siervo, Graciano e Manuel (obra de Xosé Vizoso)

Homenaxe a Siervo, Graciano e Manuel (obra de Xosé Vizoso)

Desde a morte de Franco pasaron máis de 42 anos e aínda temos que estar aquí erguendo a nosa voz para que quede claro dunha vez e para sempre que as vítimas eran o obxectivo dunha calculada represión exterminadora.

Non é esta a primeira homenaxe aos represaliados nin pode ser a última. Hai leis que non se cumpren ou non se dotan economicamente, hai perdóns que non se pediron, hai demasiadas vontades intransixentes e irredutibles.

Pero non se pode calar. Calar é consentir. Haberá que seguir pedindo xustiza.

Se cadra as feridas non teñen cura porque son profundas e xa demasiado vellas; pero si que se pode aliviar, reparar moralmente, que é o mínimo afecto que todas estas vítimas coas súas familias merecen.

Esa é a paz que precisamos, a xustiza da solidariedade das institucións e da xente.

Os portavoces dos tres grupos políticos que forman parte da actual corporación municipal de Mondoñedo e que están hoxe aquí representados, Partido Popular, PSOE e BNG (e que axiña tomarán a palabra) comprometéronse coa organización deste acto a que o vindeiro ano, xaneiro de 2019, se poida inaugurar neste lugar un monumento conmemorativo permanente en memoria destes tres asesinados en 1938, e tamén a facer todo o posible para que de aí en adiante, ano tras ano, se faga un acto en memoria de todas as vítimas inocentes do fascismo que houbo neste concello.

Aplaudimos os seus propósitos e celebraremos que así sexa!

Boa parte do que nos pasa, como xa dixen, ten que ver con esa carga que nos converteu en fillos do medo e escravos do silencio! Un tráxico sino que nos agarrota e que debemos superar non xa por nós, que ao mellor xa non temos remedio, senón polos nosos fillos e fillas, polos nosos netos e netas!

Que o medo non nos inmobilice máis nin nos impida ventar as devastadoras consecuencias da intolerancia, do racismo e da xenofobia!

Ese perigo está máis vivo do que pensamos! Cada vez fan máis ruído eses tambores da intransixencia. Disfrázanse de demócratas pero son ultras, violentos e revanchistas como os que arrasaron a convivencia libre e pacífica a partir do 18 de xullo de 1936!

Graciano, Manuel e Siervo representan unha lección que deberamos interiorizar xa para sempre; eles non eran fillos do medo senón da verdade, non eran escravos do silencio senón voceiros de liberdade!

Mondoñedo, 13 de xaneiro de 2018

©Antonio Reigosa