Convocatoria: Homenaxe a Siervo González, Manuel Rodríguez Núñez e Graciano Paz

Mondoñedo, sábado 12 de xaneiro de 2019

Autor: Caxigueiro

Autor: Caxigueiro

O sábado 12 de xaneiro homenaxeamos en Mondoñedo a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Rodríguez  Núñez, tres veciños de ben, asasinados hai 81 anos na nosa cidade polo seu compromiso coa causa da democracia e da xustiza social.

 PROGRAMA

12:00h. Inauguración dun monólito na súa lembranza no parque a carón do cemiterio vello.

Falarán:

Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo.

Pedro González, neto de Siervo González.

Xusto Lage, sobriño neto de Manuel Núñez

Graciano Pardo, neto de Graciano Paz

Portavoces municipais do PP, PSOE e BNG

Tráelles un poema. Aquelas persoas que queiran achegar un poema na súa lembranza facédenolo chegar ao telefono 683 14 87 57

13:15h.- Mesa redonda na Casa da Xuventude

Falarán:

Pedro González, neto de Siervo González.

Araceli González, neta de Siervo González.

Xusto Lage, sobriño neto de Manuel Núñez

Graciano Pardo, neto de Graciano Paz

15:00h.-Xantar de confraternidade

Aquelas persoas que queiran participar do xantar de confraternidade deberan anotarse antes do 10 de xaneiro no telefono 683 14 87 57 ou na conta de correo martiresdemondonhedo@gmail.com

Agardando contar coa vosa presenza recibide unha forte aperta.

Comisión organizadora da homenaxe a Siervo González, Manuel Núñez e Graciano Paz.