Mondoñedo na Memoria 1920: Agosto

Paisaxe de Mondoñedo. Revista Galicia 32 (7 de agosto de 1920)

As nodrizas da Casa Inclusa teñen sen cobrar os haberes de 1918 e os primeiros 3 meses de 1919. Cóntase que cobren o 7 de agosto.

Constitúese diante do notario Barja a Sociedad Mindoniense de Cabotaje, construtora e armadora de buques, presidida por Antonio Maseda Bouso. Nos asteleiros da Espiñeira vaise comezar a construír un barco con capacidade para máis de cen toneladas que levará o nome de ‘Mondoñedo’.

O bispo Solis, despois dunha prolongada estadía en Ferrol, diríxese a Pontevedra para pasar uns días na casa dos marqueses de Riestra.

Anunciáse que a terceira edición de Homenaje a la Vejez será en setembro, no Centro de Acción Social Católica cunha axuda do Estado de 5000 pesetas.

Uns timadores rondan A Recadieira. Engatusan a un veciño que doa 2.000 pesetas e, crendo que eran para os pobres da parroquia, foi pedir entre os veciños pero estes, máis espabilados, puxeron en alerta a tropa timadora.

Ramón Martínez G. de Ínsua, antigo alcalde, en carta dirixida aos xornais Mondoñedo e La Voz de Mondoñedo pide posicionarse con Vilalba no tema de ferrocarril eléctrico.

Comezan as reunións das comisións encargadas de organizar as festas dos Remedios e As San Lucas 1920.

Nova instalación eléctrica na Alameda dos Remedios. Sobre catro columnas de ferro situadas no centro do paseo, potentes focos de luz. Tamén se instalaron lámparas no palco da música.

Veraneo! Seguen migrando mindonienses cara as praias de Foz, Cangas e San Cosme.

Curiosa descrición dun mindoniense na Gaceta de Madrid, o equivalente da época ao BOE actual. O recorte é de El Orzán, da Coruña.

Sangría! Aumentan considerablemente os veciños e veciñas de Mondoñedo que viaxan a Cuba desde os portos da Coruña e Vigo para procurar traballo naquelas terras.

Na Fonda de Cándida Canoura pasa consulta o día 23 o ortopeda madrilleño, especialista en hernias e pernas artificiais, Jerónimo Farré Gamell. A axencia Desronces y Domínguez, representantes da Fiat, queda en axencia Julio Desronces. Pasa uns días en Mondoñedo, Antonio Noriega Varela.

Que pareado! O alcalde, Álvarez-Mon, sae de excursión! E é certo!

Crime de Lindín

A Garda Civil detén a varios veciños de Lindín en relación coa morte en xullo de Antonio Díaz Luaces.

Mondoñedo y distritos

Esta sociedade créase oficialmente o 22 de agosto de 1920 en Bos Aires. Hai moito que contar ; reservámolo para facelo con detalle en documento á parte.


Serie: ‘Mondoñedo na Memoria 1920′ (Xaneiro) ( Febreiro) (Marzo) (Abril) (Maio) (Xuño) (Xullo) (Agosto) (Setembro) (Outubro) (Novembro) (Decembro).