Mondoñedo na Memoria 1920: Febreiro

En Mondoñedo, Automóviles Fiat, Desronces y Domínguez

O párroco de Cubelas, José Mª Maceda Leitón, doa á Federación de Sindicatos Agrícolas de Mondoñedo 5.000 pesetas coa condición, entre outras, de facilitar a préstamo parte ou toda a cantidade ao interese do dous por cento anual.

No campo de demostración agrícola ofrécese parada gratuíta de sementais

Nas eleccións municipais resultaron elixidos: José Mª Álvarez-Mon, José Cigarrán Cotilla, Teófilo Arias, Ramón Martínez, Pedro Díaz, Antonio González, Antonio González Santomé e José A. Piñeiro (liberais); José R. Gacio, Jorge G. Redondo e José R. Villamarín (mauristas).

Para celebrar o Antroido percorre as rúas unha comparsa dirixida por José Castañeda, director do Orfeón Veiga. Anúncianse varias funcións de teatro da compañía cómico-dramática do Sr. Sepúlveda para o día 19.

Chega a Mondoñedo para estudar a viabilidade do tranvía eléctrivo Lugo-Ribadeo o inversor francés M. Massenet, conselleiro delegado da Sociedad de Ferrocarriles Eléctricos. Volven os enxeñeiros para facer o replenteo, disque definitivo.

Comunícase o falecemento, acontecido o 2 de decembro de 1919 a bordo do vapor Alfonso XII que se dirixía a Cuba, do xornaleiro de 18 anos, veciño de Mondoñedo, José Ínsua.

La Mindoniense, fábrica de chocolates, anuncia que pola carestía do zucre e o cacao prescinde de vender chocolates inferiores e fixa o prezo da libra do que fabrica a 1,50 pesetas. Abre a expendeduría de tabacos de Manuel González González.


Serie: ‘Mondoñedo na Memoria 1920′ (Xaneiro) ( Febreiro) (Marzo) (Abril) (Maio) (Xuño) (Xullo) (Agosto) (Setembro) (Outubro) (Novembro) (Decembro).