Créanse as escolas de Oirán e O Carme. Chega a Mondoñedo persoal técnico da División Hidráulica do Miño para comprobar o proxecto de traída de augas á cidade. Comezan a airearse na prensa conflitos internos na Socieda de Obreros Católicos. O domingo, día 16, constituiuse no Seminario Conciliar o Sindicato Agrícola Católico.
G. Álvarez Gallego, residente en Mondoñedo, escribe un artigo en Vida Gallega nº 144, pp. 27-28, titulado “La voz de las campanas” no que, sen citar a Mondoñedo, fala explicitamente da cidade, da orografía, da súa casa, da vida e da morte, pero especialmente dos toques de campás que o autor di non aturar. (La voz de las campanas (PDF))
Xerardo Álvarez Gallego (Ourense, 1899 – Miami 1986). Era entón un mozo de apenas 20 anos, neto de Emilio Álvarez Giménez, fillo de Emilio Álvarez Limeses, despois cuñado de Alexandre Bóveda (quen casou coa súa irmá, Amalia) e sobriño-neto do entón notario en Mondoñedo e irmán do avó, Gerardo Álvarez Giménez. Mestre e xornalista, membro moi activo do Partido Galeguista. Tivo que fuxir de España en 1936, residindo en Cuba e posteriormente, tras un intento de regreso a Galicia en 1956, fixou a residencia en Miami, onde faleceu. É autor, entre outras dunha obra de mérito, de “Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda” (1972). A vivenda mindoniense á que fai referncia no artigo é a casa nº 5, a que ten un gran portalón con arcada de cantería na actual rúa Afonso VII.
Serie: ‘Mondoñedo na Memoria 1920′ (Xaneiro) ( Febreiro) (Marzo) (Abril) (Maio) (Xuño) (Xullo) (Agosto) (Setembro) (Outubro) (Novembro) (Decembro).