Mondoñedo na Memoria (nº 2): Homenaxe a Cándido Carreiras Domenech

Mondoñedo na Memoria, nº 2. abril 2022

Ilust. de Xosé Vizoso

ISSN 2660-8324 (en liña)
Dep. Legal: LU 62-2020
(PDF)

Número monográfico, homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, no 75º aniversario do seu pasamento.

O colectivo Memoria da Mariña xunto con varios veciños e veciñas de Mondoñedo promoven unha homenaxe a este mindoniense esquecido, primeiro alcalde de Mondoñedo tras a proclamación da II República.

O acto público terá lugar no Vello Cemiterio de Mondoñedo o 29 de outubro de 2022 e consiste na colocación sobre os seus restos dun monumento deseñado polo artista mindoniense Caxigueiro.

Cándido Carreiras Domenech (Mondoñedo 1870-1947), político republicano federal, xastre e industrial foi represaliado polas ditaduras de Primo de Rivera e Franco.

O seu corpo permaneceu soterrado desde 1947 nun lugar incógnito do vello cemiterio de Mondoñedo, aínda que por diferentes testemuños transmitidos oralmente sempre se tivo a certeza de que descansa a carón da tumba do seu admirado amigo, Manuel Leiras Pulpeiro.

Colaboran neste número Andrés García Doural, Daniel Río ‘Caxigueiro’, Xosé Vizoso e Antonio Reigosa.