Nun artigo publicado en El Progreso o 14 de abril de 1957 Cunqueiro afirmaba xa no título: “El pulpo limita al norte con Villaba”. Aseguraba que era esta vila principal da Terra Cha a máis setentrional das lucenses que naquel entón cataban polbo en festas e feiras. Na de Gontán, en Abadín, impoñíanse os callos e nas de Ferreira do Valadouro e Vilanova de Lourenzá tampouco coñecían o polbo, aínda que “Yo, aun siendo mindoniense de nación, soy aficionado al pulpo, y estoy entre los que adoban picante y acompañan de cachelos”..
Anos antes, outubro de 1951, Pelúdez faille confesar ao seu mangoneador, Xosé Trapero Pardo, que “No se hará presente aquí (refírese ás San Lucas de Mondoñedo) el ‘Pelúdez’ de las fiestas luguesas porque estas zonas no gustan del color violeta del pulpo curado”. Ao ano seguinte, o mesmo Trapero di que Pelúdez non irá ás San Lucas, a pesar de estar convidado por Manolo Cabanela, porque “onde non haxa pulpo curado, non lle fai ben o que come…”. Moito tempo despois, Trapero (El Progreso, 18 de outubro de 1983, en “As San Lucas en su ser”) insiste: “Y no decimos del pulpo porque en otras ocasiones y en otras partes hemos dicho ya que el pulpo de tanto renombre en la meseta, aquí no haya clima propicio; y si alguna caldera recala por estas latitudes, lo hace por un desconocimeiento de las posibilidades, y solo haya acogida en los feriantes que descienden por Folgueirrasa, trayendo en su retina visiones de tierras y costumbres que no se avienen con las costumbres y tierras de la Mariña”
Sabido isto, parece asunto de urxencia resolver coa máxima precisión cronolóxica posible cando se incorporou o polbo á mesa das San Lucas mindonienses. E a data da boa nova dánola precisamente o señor Trapero Pardo cando asina como Trapacero un artigo en El Progreso o 17 de outubro de 1956 no que afirma “Vencida, desde hace dos años, la barrera que le retenía en las tierras altas, el pulpo triunfa ahora en los valles bajos, como triunfaba en San Froilán, en tierras de Sarria, en Carballino, en Monterroso, en Chantada o en Santiago. ‘As San Lucas’ tienen ahora este aliciente nuevo’.
Anos despois, aínda volve Cunqueiro tratar o tema no artigo, “Lugo ferial”, un delicioso tratado de gastronomía feiral publicado en La Noche o 2 de abril de 1960 no que reitera, entre outros moitos saberes gastronómicos que “Al norte, el pulpo limita con Villalba y con la del Monte. En Gontán ya son callos, y de aquí al mar, estofados, empanadas y costilletas”. Entón xa estaba o polbo na mesa das San Lucas. De aquí en adiante, progresivamente, foise impoñendo o costume de comelo polas terras do norte da provincia de Lugo, e así fomos acostumando o noso padal ao polbo á feira ata rendernos definitivamente a tan golosa exquistez.
Poña o polbo (antes seco ou curado e agora conxelado) a cocer nun caldeiro de aceiro (os de cobre quedaron prohibidos). Escáldeo, asústeo ata tres ou máis veces (sempre impares) e unha vez acadado o punto exacto de cocción, córteo en rodelas e póñao en prato de madeira cunhas areas de sal, aceite e pemento doce e picante, e dispóñase a homenaxealo con viño, pan e cachelos, se apetecen. Aínda hai quen antes comelo, como nos vellos tempos, lle esparexe unhas finas láminas de allo cru.
© Antonio Reigosa
Cronista oficial de Mondoñedo