Lembro con frecuencia ao amigo Francisco Piñeiro, mestre, escritor e teatreiro nacido no Reguengo de Mondoñedo, residente en Daián, no concello de Cervo. Dun tempo para acó ándalle esquiva a saúde. En 2025, por atesourar merecementos sobros, a corporación mindoniense nomenouno Fillo Predilecto. Agora só queda que veña un ventus validus que sopre a favor […]
A porta de Batitales ou de Santo Domingo da muralla medieval de Mondoñedo reconstruída en 1320 estaba situada nas confluencias das actuais rúas Concepción, Pacheco, Leiras Pulpeiro e José Febrero. Derrubouse cando se construÍu o mosteiro das concepcionistas entre 1713 e 1717. Desde a porta de Batitales accedíase á cidade polo occidente e a rúa […]
Como se desprazaba a xente a finais do século XIX e principios do XX! A ver! A maioría, obviamente, facíano a pé, aínda que as distancias intermedias fosen importantes. Outros faríano de a cabalo ou noutro equino, quizais en carro ou tamén, por que non, en coche ou en tren, alí onde o houbese. Pero, […]
A auga carrexa memoria desde os mananciais onde aflora que sempre gozaron de respecto, incluso de veneración, como amosa o repertorio mítico que envolve estes axis mundi. Acaba de poñerse en circulación por parte do servizo correspondente da Deputación de Lugo unha publicación ben interesante titulada ‘Enxeñería hidráulica do século XVIII na cidade de Mondoñedo. […]
Monfadal é o nome dun lugar da parroquia do Carme de Mondoñedo e o dunha revista cultural de vida breve pero moi meritoria que se editou a finais do século XX. O crego, lingüista e profesor, Nicandro Ares Vázquez, nun estudo sobre a toponimia do concello de Mondoñedo publicado en Estudios Mindonienses, nº 14 (1998) […]