Concerto-presentación en Mondoñedo do proxecto ‘Na Casa Deles’

 Venres, 22 de decembro de 2023, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro Ás 20:00h. no auditorio municipal Pascual Veiga Entrada libre Na Casa Deles é un proxecto musical e literario, consistente na gravación nun lugar vinculado a un escritor relevante da provincia de Lugo xa falecido unha canción sobre un poema do […]

Ler máis
Manuela is in da house 

Fomos a Viana do Castelo! O 10 de novembro asistimos á primeira representación da obra “Manuela Rey is in da house” (Manuela Rey está na casa). O acontecemento tivo lugar na sala principal do fermosísimo Teatro Municipal Sá de Miranda, edificio inaugurado en 1885 que aínda mantén case intacta a construción orixinal, o quinto máis […]

Ler máis
Manuela Rey volve á escena

Manuela Rey, a actriz galega que marabillou o público do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa desde 1857 a 1865, naceu en Mondoñedo, no lugar da Pradela de Trigás, o 1 de outubro de 1842 e faleceu en Lisboa, vítima do tifo, o 26 de febreiro de 1866. A súa carreira como actriz, breve […]

Ler máis
Cando a vida pende dunha candea

A vida, ese estado no que os seres vivos aínda alentamos, disque pende, metaforicamente, dun fío. Porén, des que teño memoria e por mor de algo que aconteceu na miña casa, e que agora revivo ou rememoro para contalo, eu sempre crin que a vida pendía, en realidade, dunha candea. Máis exactamente, do tempo que […]

Ler máis
Viaxe ás San Lucas

Por estas datas do ano 1904, os ferroláns Román Torres e Joaquín Arias de Miranda con cadansúa montura dispuxéronse a facer “Una excursión a Mondoñedo” para visitar as San Lucas. A viaxe de ida durou dous días. Saíron de Ferrol o sábado, 15 de outubro, e despois de pasar por Narahío e As Pontes fixeron […]

Ler máis
Cunqueiro e o San Froilán

Unha das preocupacións de Cunqueiro era saber se xa se comería ou non o polbo en Lugo polo tempo dos romanos. El opinaba que non, que era prato da Idade Media, e disto falaba con Fole e con outra xente mentres paseaban a muralla sen decatáranse de que no mosaico de Batitales que se custodia […]

Ler máis
Encontro en Zoñán

O lugar onde un nace é máxico e mesmo se houbese que establecer unha comparación cun espazo ideal diríamos que se parece moito ao Paraíso. Quero contar que nos xuntamos o próximo 2 de setembro arredor dun cento de persoas que nacemos ou temos vencello afectivo con Zoñán, a nosa patria da infancia, o recuncho […]

Ler máis
Arqueoloxía compartida

O pasado 10 de agosto propietarios e arqueólogos responsables convidáronnos a coñecer o xacemento do Combarro, sito no lugar do mesmo nome da parroquia de San Vicente de Trigás, Mondoñedo. Trátase dunha necrópole medieval na que xa se fixera unha cata en 2013 e que agora foi obxecto dunha campaña que se desenvolveu entre o […]

Ler máis
Andrea López Chao (e II)

Como xa adiantabamos no artigo anterior, a próxima fin de semana, no marco das XVI Xornadas ‘Abrindo camiño’, dedicarase a xornada do sábado, 1 de xullo, a coñecer a figura de Andrea López Chao. Comentábamos entón os actos que tiveron lugar na Habana o pasado marzo, anunciabamos un documental en preparación, un xornal monográfico da […]

Ler máis
Andrea López Chao (I)

Andrea López Chao foi unha mestra mindoniense que desenvolveu case durante 50 anos a súa actividade profesional en Cuba. Naceu en Mondoñedo en 1874, formouse como mestra na Escola Normal da Coruña e despois de atender as escolas de Paradavella (A Fonsagrada), Couboeira, Lindín e Viloalle (Mondoñedo), emigrou á Habana onde exerceu como profesora e […]

Ler máis