O 7 de decembro de 1958, o excelso escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, publicaba en El Progreso de Lugo, un artigo titulado “Corzos en Zoñán”: “Ha corrido la noticia de que han vistos corzos en Zoñán ─no ciervos sino corzos─, felices galopantes de aquellas brañas, ricas en sombra y agua pura”. Pouco máis adiante afirma que […]

Este ano 2024, poderiamos celebrar os de Zoñán nada menos ca tres centenarios. O primeiro, o da creación e posta en funcionamento da escola pública da que vos falaba no artigo anterior. Aínda que o acordo que facultaba ao alcalde de Mondoñedo para solicitar unha escola para o barrio de Zoñán xa era de 1919, […]
Todo ten un comezo e o Mercado Medieval de Mondoñedo que este ano 2024 celebra a súa trixésimo segunda edición, tívoo cunha cea medieval que tivo lugar o sábado, 18 de xullo de 1992. Nesa data conmemorábase o chamado Día do Turista en homenaxe aos case 50.000 visitantes que recibira Mondoñedo o ano anterior. Entre […]
A coñecida como Farmacia Lombardero ou “de Lavandeira” ocupa o baixo da casa nº 7 da actual rúa Progreso de Mondoñedo, local onde antes estivera a Farmacia Ferreiro. A primeira propietaria foi unha muller singular, María Dolores Lombardero Martínez, quen a rexentou máis de 75 anos, desde 1933 cando, con licencia paterna, por ser menor […]
Hai 45 anos dun acontecemento histórico. O día 20 de abril de 1979, M. Alvite, correspondente de La Voz de Galicia, anunciaba ao mundo que se ía celebrar por primeira vez en Galicia, entre o 28 de abril e 1 de maio o I Campionato de España de Voo Libre (Ala Delta). O monte Padornelo […]
O día 1 de maio celebramos as Quendas, feiras e festas mindonienses tamén chamadas San Lucas pequenas ou de primavera. Comezaron en 1541 e suman 483 anos de andadura. O concello dispuxo naquel entón (17 de marzo de 1541) que “en cada año hubiese tres días de feria franca de toda cosa vendida y comprada”, […]
O pregoeiro das Quendas deste ano é coñecido en Mondoñedo como Suso da Imprenta; nos papeis, Jesús Ramiro Robles López. Naceu en Ferrol o 7 de xaneiro de 1960 –a nai desprazárase a esa cidade para dar a luz– e poucos días despois xa comezou a residir en Mondoñedo, no emblemático barrio da Fonte Vella, […]
Venres, 22 de decembro de 2023, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro Ás 20:00h. no auditorio municipal Pascual Veiga Entrada libre Na Casa Deles é un proxecto musical e literario, consistente na gravación nun lugar vinculado a un escritor relevante da provincia de Lugo xa falecido unha canción sobre un poema do […]
Fomos a Viana do Castelo! O 10 de novembro asistimos á primeira representación da obra “Manuela Rey is in da house” (Manuela Rey está na casa). O acontecemento tivo lugar na sala principal do fermosísimo Teatro Municipal Sá de Miranda, edificio inaugurado en 1885 que aínda mantén case intacta a construción orixinal, o quinto máis […]
Manuela Rey, a actriz galega que marabillou o público do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa desde 1857 a 1865, naceu en Mondoñedo, no lugar da Pradela de Trigás, o 1 de outubro de 1842 e faleceu en Lisboa, vítima do tifo, o 26 de febreiro de 1866. A súa carreira como actriz, breve […]