En Mondoñedo, por desgracia, non se constrúen novas rúas nin se urbanizan barrios de nova planta cada ano. Como consecuencia, sóbrannos nomes de persoeiros ilustres e fáltannos lugares onde lembralos como merecen. Non queda outra que recolocar os marcos para facer sitio. Xosé Vizoso naceu o 26 de marzo de 1950 na rúa Pardo de […]
Polo profesor mindoniense Antón Meilán souben da novela titulada ‘Nembrot’ de José Mª Pérez Álvarez ‘Chesi’, escritor ourensán nacido en 1952 e falecido o pasado 24 de decembro de 2025. Á parte doutros moi estimables méritos, a razón fundamental pola que Antón me suxería a lectura desta obra era que nela aparecen tres personaxes mindonienses, […]
Desde1964, as San Lucas sempre incluíron no programa (agás en 1968 e 1969) pregoeiro ou pregoeira. En total, contando este ano 2026, cuxo pregón está a cargo do avogado e antigo alcalde, Luís Rego Valcarce, contamos cincuenta e seis nomes de home e tan só cinco de mulleres. Francisco Mayán en 1964, Álvaro Cunqueiro en […]
Vaiamos ao 15 de outubro de 1886, véspera das San Lucas. Juan de Diego e García Alcolea (sería arcebispo de Compostela entre 1925 e 1927), criouse e estudou en Mondoñedo, lugar onde residía e era profesor do seminario cando fixo a entrada na diócese o bispo José Mª Cos e Macho. Nesta data, segundo conta […]
Como serían as San Lucas dos séculos XII ou XIII? Agora que celebramos os seus 870 anos de andadura podemos tentar imaxinar as San Lucas dos primeiros tempos tras a emisión, en novembro de 1156, do privilexio selado polo rei Afonso VII. No documento, El-Rei dispón que en Vilamaior, onde xa asentaba entón a sede […]
Quen nace en Zoñán axiña aprende que tivo a fortuna de facelo na cara do sol. As persoas, como os días, amencemos vendo de fronte, na cima do Padornelo, a estrela que nos dá vida. Na atardecida, en cambio, cando o sol se parapeta tras das Fiosas, temos que agardar a noite no avesío. Esta […]
Rodolfo Gacio Prieto (Mondoñedo, 1890 – 1967), fillo de Salustiano e Ramona, exerceu como fotógrafo profesional en Mondoñedo arredor de medio século. Previamente, en 1910, tras ser declarado prófugo por non presentarse á chamada de recrutamento militar, emigrou a Cuba, país onde residiu ata os primeiros anos da década dos vinte. Antes, moito antes, cando […]
Lembro con frecuencia ao amigo Francisco Piñeiro, mestre, escritor e teatreiro nacido no Reguengo de Mondoñedo, residente en Daián, no concello de Cervo. Dun tempo para acó ándalle esquiva a saúde. En 2025, por atesourar merecementos sobros, a corporación mindoniense nomenouno Fillo Predilecto. Agora só queda que veña un ventus validus que sopre a favor […]
A porta de Batitales ou de Santo Domingo da muralla medieval de Mondoñedo reconstruída en 1320 estaba situada nas confluencias das actuais rúas Concepción, Pacheco, Leiras Pulpeiro e José Febrero. Derrubouse cando se construÍu o mosteiro das concepcionistas entre 1713 e 1717. Desde a porta de Batitales accedíase á cidade polo occidente e a rúa […]
Como se desprazaba a xente a finais do século XIX e principios do XX! A ver! A maioría, obviamente, facíano a pé, aínda que as distancias intermedias fosen importantes. Outros faríano de a cabalo ou noutro equino, quizais en carro ou tamén, por que non, en coche ou en tren, alí onde o houbese. Pero, […]