Texto do autor extraído do libro Manuela Rey is in da house (Edicións Positivas, 2024) Como acontece con todo aquilo que realmente paga a pena, tamén o meu encontro con Manuela Rey foi casual. Non lembro a data exacta. Eran os primeiros meses do ano 2015 e eu andaría, supoño, tras algunha información nas hemerotecas […]

Os mitos relacionados coa cegueira narran casos extraordinarios. A Tiresias, o grego trans, ora home, ora muller, cegouno a deusa Hera e Zeus confortouno coa capacidade de ver o futuro. Santa Lucía, mártir de Siracusa, preferiu automutilarse e arrincar os ollos para enviarllos a un pretendente que devecía por desflorala e agora é padroeira dos […]
A “Paula de Oro” foi unha, outra máis, das ocorrencias de Álvaro Cunqueiro. Neste caso trátase dunha distinción creada e pensada polo escritor mindoniense para premiar aos benfeitores de Mondoñedo aínda que só gozou dunha única edición. Verán como foi. Nos primeiros días do mes de agosto de 1970, don Manuel Fraga Iribarne era un […]
Venres, 22 de decembro de 2023, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro Ás 20:00h. no auditorio municipal Pascual Veiga Entrada libre Na Casa Deles é un proxecto musical e literario, consistente na gravación nun lugar vinculado a un escritor relevante da provincia de Lugo xa falecido unha canción sobre un poema do […]
Unha das preocupacións de Cunqueiro era saber se xa se comería ou non o polbo en Lugo polo tempo dos romanos. El opinaba que non, que era prato da Idade Media, e disto falaba con Fole e con outra xente mentres paseaban a muralla sen decatáranse de que no mosaico de Batitales que se custodia […]
Como saben, o Día das Letras Galegas deste ano 2023 vai dedicado ao grande animador da cultura galega do século XX, o laurentiniano Francisco Fernández del Riego. Os numerosos actos celebrados por todo o país nestes meses van culminar o próximo día 17 en Vilanova coa grande homenaxe ao que foi amigo de Álvaro Cunqueiro […]
Autoridades, membros da Comisión encargada da elección do Cunqueiriano de Honra, veciños e veciñas, don Manuel Lourenzo e familia: Despois da fermosa intervención de Abel Vigo, o meu parlamento vouno dedicar a falar do Manuel Lourenzo literato, sobre todo do dramaturgo e da súa inmensa obra, e reservarei unha parte dese tempo para comentar a […]
Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943) é, amais de autor de arredor de 300 obras dramáticas, actor, escenógrafo, director, tradutor, colaborador de revistas especializadas e autor ou coautor de libros fundamentais sobre o teatro galego. Tamén dedicou unha parte importante da súa actividade á poesía, á narración, ao ensaio, á investigación e á divulgación […]
O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acaba de botar a andar Cumieira das Letras, unha revista de periodicidade anual baixo a dirección de Alexandre Rodríguez Guerra e o secretariado de Ana Acuña Trabazo, cuxo primeiro número se dedica monograficamente a Álvaro Cunqueiro. O contido, interesantísimo de principio a fin, conta […]
Cando entra o outono no calendario, tras a despedida do San Froilán de Lugo, alborexan no horizonte os días felices das San Lucas, feiras e festas cuxa orixe está nun privilexio que o rei Afonso VII concedeu a Vilamaior —actual Mondoñedo— o 9 de novembro do ano 1156. Vilamaior recibe entón o título de civitas e […]