Manuela is in da house 

Fomos a Viana do Castelo! O 10 de novembro asistimos á primeira representación da obra “Manuela Rey is in da house” (Manuela Rey está na casa). O acontecemento tivo lugar na sala principal do fermosísimo Teatro Municipal Sá de Miranda, edificio inaugurado en 1885 que aínda mantén case intacta a construción orixinal, o quinto máis […]

Ler máis
Manuela Rey volve á escena

Manuela Rey, a actriz galega que marabillou o público do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa desde 1857 a 1865, naceu en Mondoñedo, no lugar da Pradela de Trigás, o 1 de outubro de 1842 e faleceu en Lisboa, vítima do tifo, o 26 de febreiro de 1866. A súa carreira como actriz, breve […]

Ler máis
Andrea López Chao (e II)

Como xa adiantabamos no artigo anterior, a próxima fin de semana, no marco das XVI Xornadas ‘Abrindo camiño’, dedicarase a xornada do sábado, 1 de xullo, a coñecer a figura de Andrea López Chao. Comentábamos entón os actos que tiveron lugar na Habana o pasado marzo, anunciabamos un documental en preparación, un xornal monográfico da […]

Ler máis
Andrea López Chao (I)

Andrea López Chao foi unha mestra mindoniense que desenvolveu case durante 50 anos a súa actividade profesional en Cuba. Naceu en Mondoñedo en 1874, formouse como mestra na Escola Normal da Coruña e despois de atender as escolas de Paradavella (A Fonsagrada), Couboeira, Lindín e Viloalle (Mondoñedo), emigrou á Habana onde exerceu como profesora e […]

Ler máis
Alicia, silencio

Alicia Esperanza de la Paz Tella-Villamarín Ferreiro (Doncide, Pol, 1938- Mondoñedo, 2019), despediuse o 10 de setembro de 2019 ás caladas, como sempre viviu e obrou. Estudou Maxisterio, aínda que nunca exerceu a profesión. Chegou a Mondoñedo con apenas seis anos, primeiro por amor á súa tía Alicia, esposa de Pepe Cunqueiro, irmán de Álvaro, […]

Ler máis
Andrea López Chao, unha mestra mindoniense pioneira do feminismo en Cuba

Grazas a María Xosé Porteiro e á súa novela Sándalo (Ed. Galaxia, 2019) volve á actualidade, e ben está que se relembre, a extraordinaria biografía dunha mindoniensa pioneira do feminismo en Cuba e da historia universal deste movemento. Hai cousa dun ano, o xornalista Martín Fernández Vizoso xa publicara unha semblanza en La Voz de […]

Ler máis
Josefa Yáñez Dobarro, unha mindoniense na revolución cubana

Josefa Yáñez Dobarro naceu no lugar de Cotarelo, parroquia de Santa María Maior, Mondoñedo (Lugo), o 13 de maio de 1875. Casou con Manuel Basanta e emigrou a Cuba en 1911 ou 1912, un tempo despois do seu esposo. Vivían nos arrabaldes da Habana, no barrio de El Globo, en Calabazar, nunha chacra, unha pequena […]

Ler máis
Unha historia de amor arredor do Himno Galego*

Pascual Veiga naceu en 1842 e Eustorgia Acebo en 1848, ambos en Mondoñedo; el no seo da pobreza, ela no da abundancia con varios membros da familia con cargos de certa importancia na igrexa e na administración. A nai de Eustorgia faleceu en 1854 e o pai ao ano seguinte, ambos a causa de enfermidades […]

Ler máis