O Chinchaollo e o pan dos mortos

Son días de soutar castañas. Despois de apañalas podemos comelas de mil maneiras. Ou gardalas. Hai quen as seca nos sequeiros para máis adiante saborealas mentres se vai consumindo o inverno, sexan crúas secas con casca (maiolas) ou pisadas, cocidas con casca (mamotas), asadas ou peladas, ou, quen sabe, se, por que non, en confeito. […]

Ler máis
As San Lucas de Ramona e Basilio

Quedamos na Pumarega, en Maariz, en cas Ramona García Varela (79 anos), Basilio García Carracedo (83 anos) e demais familia. As xestións fíxoas Suso Robles, veciño do lugar. Fala que fala, rememoramos cando se fixo a capela das Neves, e personaxes como Rincha el Moro, un atorrante, conveciño do lugar. Na conversa falouse das San […]

Ler máis
Cando unha rúa cambia de nome

En Mondoñedo, por desgracia, non se constrúen novas rúas nin se urbanizan barrios de nova planta cada ano. Como consecuencia, sóbrannos nomes de persoeiros ilustres e fáltannos lugares onde lembralos como merecen. Non queda outra que recolocar os marcos para facer sitio. Xosé Vizoso naceu o 26 de marzo de 1950 na rúa Pardo de […]

Ler máis
Vizoso vs. Osozvi: para que Mondoñedo non desapareza

Polo profesor mindoniense Antón Meilán souben da novela titulada ‘Nembrot’ de José Mª Pérez Álvarez ‘Chesi’, escritor ourensán nacido en 1952 e falecido o pasado 24 de decembro de 2025. Á parte doutros moi estimables méritos, a razón fundamental pola que Antón me suxería a lectura desta obra era que nela aparecen tres personaxes mindonienses, […]

Ler máis
As pregoeiras das San Lucas

Desde1964, as San Lucas sempre incluíron no programa (agás en 1968 e 1969) pregoeiro ou pregoeira. En total, contando este ano 2026, cuxo pregón está a cargo do avogado e antigo alcalde, Luís Rego Valcarce, contamos cincuenta e seis nomes de home e tan só cinco de mulleres. Francisco Mayán en 1964, Álvaro Cunqueiro en […]

Ler máis
Zoñán, na cara do sol

Quen nace en Zoñán axiña aprende que tivo a fortuna de facelo na cara do sol. As persoas, como os días, amencemos vendo de fronte, na cima do Padornelo, a estrela que nos dá vida. Na atardecida, en cambio, cando o sol se parapeta tras das Fiosas, temos que agardar a noite no avesío. Esta […]

Ler máis
O fotógrafo Rodolfo Gacio

Rodolfo Gacio Prieto (Mondoñedo, 1890 – 1967), fillo de Salustiano e Ramona, exerceu como fotógrafo profesional en Mondoñedo arredor de medio século. Previamente, en 1910, tras ser declarado prófugo por non presentarse á chamada de recrutamento militar, emigrou a Cuba, país onde residiu ata os primeiros anos da década dos vinte. Antes, moito antes, cando […]

Ler máis
A porta e rúa de Batitales de Mondoñedo

A porta de Batitales ou de Santo Domingo da muralla medieval de Mondoñedo reconstruída en 1320 estaba situada nas confluencias das actuais rúas Concepción, Pacheco, Leiras Pulpeiro e José Febrero. Derrubouse cando se construÍu o mosteiro das concepcionistas entre 1713 e 1717. Desde a porta de Batitales accedíase á cidade polo occidente e a rúa […]

Ler máis
Coches e cabalos: do látego ao motor

Como se desprazaba a xente a finais do século XIX e principios do XX! A ver! A maioría, obviamente, facíano a pé, aínda que as distancias intermedias fosen importantes. Outros faríano de a cabalo ou noutro equino, quizais en carro ou tamén, por que non, en coche ou en tren, alí onde o houbese. Pero, […]

Ler máis
Ben fadado, Monfadal

Monfadal é o nome dun lugar da parroquia do Carme de Mondoñedo e o dunha revista cultural de vida breve pero moi meritoria que se editou a finais do século XX. O crego, lingüista e profesor, Nicandro Ares Vázquez, nun estudo sobre a toponimia do concello de Mondoñedo publicado en Estudios Mindonienses, nº 14 (1998) […]

Ler máis