En xaneiro de 1926, o poeta e mestre, Antonio Noriega Varela, entón destinado en Trasalba, Amoeiro (Ourense), pasou uns días en Mondoñedo. Tamén viaxou a Foz na compaña da súa filla, Cándida, e ao regreso fixo parada en Lugo antes de voltar a terras ourensás. Con tal motivo, La Provincia, xornal de Lugo, publicou dos […]
Nun artigo publicado en El Progreso o 14 de abril de 1957 Cunqueiro afirmaba xa no título: “El pulpo limita al norte con Villaba”. Aseguraba que era esta vila principal da Terra Cha a máis setentrional das lucenses que naquel entón cataban polbo en festas e feiras. Na de Gontán, en Abadín, impoñíanse os callos […]
Este ano que andamos foi declarado polo Parlamento de Galicia ‘Ano Oteriano’ ao cumprírense 50 anos do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – 1976). Orador excelso e escritor notable, amais de cofundador do Grupo Nós e da Editorial Galaxia, destacado membro das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, unha das figuras sobranceiras […]
A Mondoñedo tamén chegaron os ecos da fazaña do Plus Ultra hai cen anos. O 22 de xaneiro de 1926 partiu do porto de Palos de la Frontera (Huelva) o hidroavíón Plus Ultra tripulado polos militares do exército español J. Ruíz de Alda, J. M. Durán, o mecánico Pablo Rada e o comandante ferrolán Ramón […]
Antonio Teijeiro Prieto naceu na rúa Padilla (actual Afonso VII) de Mondoñedo o 25 de abril de 1882; o seu pai era o músico, pintor e debuxante, Ramón Teijeiro Martín e a súa nai, Josefa Prieto Alonso. Foi vicepresidente da Juventud Jaimista de Mondoñedo e presidente da Juventud Tradicionalista. Tamén foi administrador do periódico La […]
Siervo González Rivas naceu en Mondoñedo en 1886. Era axente de recadación do concello desde 1927. Nos días da II República foi dirixente do Sindicato Único de Profesións Varias da CNT e presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obreira en 1934. Nas eleccións de 1933 encabezou a candidatura pola provincia de Lugo […]
Cando aínda andan depenicando as greas as penúltimas herbas outonías e trotan os poldros quincenos de contento, cando rinchan ceibes os garañóns e bufan impacientes as eguas nos altos de Campo de Oso ou Cabana de Vella, alá embaixo, no leito do val, Mondoñedo comeza a engalanarse para celebrar as San Lucas un ano máis. […]
PACO PIÑEIRO A UN PASO DE SER NOVO FILLO PREDILECTO DE MONDOÑEDO Segundo unha nota oficial difundida polo concello de Mondoñedo este vén de iniciar o trámite para o nomeamento como Fillo Predilecto de don Francisco Piñeiro González (Paco Piñeiro). No último pleno ordinario celebrado na Casa Consistorial o 31 de xullo de 2025, presentouse […]
Mauro Leivas naceu no barrio dos Muíños de Mondoñedo en 1955 e faleceu no mesmo lugar este pasado 23 de xullo de 2025. Se un le os obituarios e condolencias de ordinario aparenta que en todo ese tempo nada pasou, como se desde os tristes anos en que lle tocou nacer nada mudase e a […]
Volvemos a vista ao Mondoñedo de 1925. Era alcalde o comandante de infantería, Manuel Lage Castrillón (Ortigueira,1867 – Mondoñedo, 1939), e bispo da diocese, Juan J. Solís, quen estivo en funcións entre 1905 e 1931. Ano intenso no controvertido camiño de ferro central galego. Crease en Mondoñedo unha comisión popular pro-ferrocarril presidida polo crego, José […]