En xaneiro de 1926, o poeta e mestre, Antonio Noriega Varela, entón destinado en Trasalba, Amoeiro (Ourense), pasou uns días en Mondoñedo. Tamén viaxou a Foz na compaña da súa filla, Cándida, e ao regreso fixo parada en Lugo antes de voltar a terras ourensás. Con tal motivo, La Provincia, xornal de Lugo, publicou dos […]
O 19 de agosto de 1879 tivo lugar na cidade de Ferrol a inauguración do chamado Dique da Campá do Arsenal, a obra hidráulica máis importante executada en Galicia no século XIX e que foi construído entre 1874 e 1879 pola man de 200 mulleres coñecidas como as “estibadoras”. Con tal motivo, naqueles días de […]
A Mondoñedo tamén chegaron os ecos da fazaña do Plus Ultra hai cen anos. O 22 de xaneiro de 1926 partiu do porto de Palos de la Frontera (Huelva) o hidroavíón Plus Ultra tripulado polos militares do exército español J. Ruíz de Alda, J. M. Durán, o mecánico Pablo Rada e o comandante ferrolán Ramón […]
Antonio Teijeiro Prieto naceu na rúa Padilla (actual Afonso VII) de Mondoñedo o 25 de abril de 1882; o seu pai era o músico, pintor e debuxante, Ramón Teijeiro Martín e a súa nai, Josefa Prieto Alonso. Foi vicepresidente da Juventud Jaimista de Mondoñedo e presidente da Juventud Tradicionalista. Tamén foi administrador do periódico La […]
Cando aínda andan depenicando as greas as penúltimas herbas outonías e trotan os poldros quincenos de contento, cando rinchan ceibes os garañóns e bufan impacientes as eguas nos altos de Campo de Oso ou Cabana de Vella, alá embaixo, no leito do val, Mondoñedo comeza a engalanarse para celebrar as San Lucas un ano máis. […]
PACO PIÑEIRO A UN PASO DE SER NOVO FILLO PREDILECTO DE MONDOÑEDO O Concello de Mondoñedo ven de iniciar o trámite para o nomeamento como Fillo Predilecto de don Francisco Piñeiro González (Paco Piñeiro). No último Pleno Ordinario, celebrado na Casa Consistorial o 31 de xullo de 2025, presentouse unha moción para nomear Fillo Predilecto […]
Mauro Leivas naceu no barrio dos Muíños de Mondoñedo en 1955 e faleceu no mesmo lugar este pasado 23 de xullo de 2025. Se un le os obituarios e condolencias de ordinario aparenta que en todo ese tempo nada pasou, como se desde os tristes anos en que lle tocou nacer nada mudase e a […]
Volvemos a vista ao Mondoñedo de 1925. Era alcalde o comandante de infantería, Manuel Lage Castrillón (Ortigueira,1867 – Mondoñedo, 1939), e bispo da diocese, Juan J. Solís, quen estivo en funcións entre 1905 e 1931. Ano intenso no controvertido camiño de ferro central galego. Crease en Mondoñedo unha comisión popular pro-ferrocarril presidida polo crego, José […]
Chegou Mauro! Como cronista son xa demasiadas veces as que tiven que teletransportarme ao outro lado da vida. E ver que pasa, e quen entra xa para quedar e facer alí o que, seguramente, non puido ou non lle deixaron facer entre os de aquí. Chegou Mauro! Caía a tarde grisalla e triste do 23 […]
Hoxe cóntolles pola breve a historia dun veterinario chamado Rodrigo Rodríguez Rodríguez, un leonés que deixou pegada en Mondoñedo aínda que xa case ninguén o lembra. Don Rodrigo naceu en Villarejo de Órbigo (León) en 1908, faleceu en Ferrol o 5 de novembro de 2001 aos 93 anos e foi soterrado no cemiterio municipal de […]