O lugar onde un nace é máxico e mesmo se houbese que establecer unha comparación cun espazo ideal diríamos que se parece moito ao Paraíso. Quero contar que nos xuntamos o próximo 2 de setembro arredor dun cento de persoas que nacemos ou temos vencello afectivo con Zoñán, a nosa patria da infancia, o recuncho […]
Andrea López Chao foi unha mestra mindoniense que desenvolveu case durante 50 anos a súa actividade profesional en Cuba. Naceu en Mondoñedo en 1874, formouse como mestra na Escola Normal da Coruña e despois de atender as escolas de Paradavella (A Fonsagrada), Couboeira, Lindín e Viloalle (Mondoñedo), emigrou á Habana onde exerceu como profesora e […]
Como saben, o Día das Letras Galegas deste ano 2023 vai dedicado ao grande animador da cultura galega do século XX, o laurentiniano Francisco Fernández del Riego. Os numerosos actos celebrados por todo o país nestes meses van culminar o próximo día 17 en Vilanova coa grande homenaxe ao que foi amigo de Álvaro Cunqueiro […]
Hoxe é o día grande das Quendas —as kalendas maias—e como xa vén sendo habitual des que se impulsaron, tras un longo período de languidecemento, en 1984, Mondoñedo volverá a encherse de vida e de alegría. Segundo un documento de 15 de marzo de 1541 comezou esta feira libre de alcabalas —taxas, tributos— para animar […]
Agradecemento pola excepcional colaboración cidadá na homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, primeiro alcalde de Mondoñedo na II República Memoria da Mariña xunto coas veciñas e veciños que foron parte da organización da homenaxe a Cándido Carreiras Domenech desexan facer público o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o grande éxito deste evento, […]
Este sábado, 15 de abril, homenaxearemos en Mondoñedo ao político represaliado polas ditaduras de Primo de Rivera e Franco, Cándido Carreiras Domenech (1870- 1947). Os actos previstos, organizados polo colectivo Memoria da Mariña e por varios veciños e veciñas de Mondoñedo, comezarán ás doce horas no Pazo Santomé (antigo Centro Comarcal) cunha sesión informativa na […]
Estas historias contoumas Xulio Rodríguez, ‘Xulio do Canelo’, de Pedrido, en Mondoñedo, e a el a súa madriña, Remedios, cando andaba polos dez anos, aló polos mediados do século XX. A madriña, unha muller crédula e crente, contáballe sucedidos de medo, xeralmente protagonizadas por seres do transmundo —trasnos, demos, ánimas…—, que lle aconteceran a xente […]
Autoridades, membros da Comisión encargada da elección do Cunqueiriano de Honra, veciños e veciñas, don Manuel Lourenzo e familia: Despois da fermosa intervención de Abel Vigo, o meu parlamento vouno dedicar a falar do Manuel Lourenzo literato, sobre todo do dramaturgo e da súa inmensa obra, e reservarei unha parte dese tempo para comentar a […]
Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943) é, amais de autor de arredor de 300 obras dramáticas, actor, escenógrafo, director, tradutor, colaborador de revistas especializadas e autor ou coautor de libros fundamentais sobre o teatro galego. Tamén dedicou unha parte importante da súa actividade á poesía, á narración, ao ensaio, á investigación e á divulgación […]
Sufragarase mediante subscrición popular e situarase no Cemiterio Vello a carón da tumba de Manuel Leiras Pulpeiro. As doazóns para custear este monumento ingresaranse na conta aberta na entidade Abanca, baixo a denominación “Homenaxe a Cándido Carreiras”: ES 23 2080 0125 8130 4002 1721 Ao cumprirse o pasado outono 75 anos do pasamento de Cándido […]