Hai 45 anos dun acontecemento histórico. O día 20 de abril de 1979, M. Alvite, correspondente de La Voz de Galicia, anunciaba ao mundo que se ía celebrar por primeira vez en Galicia, entre o 28 de abril e 1 de maio o I Campionato de España de Voo Libre (Ala Delta). O monte Padornelo […]
O día 1 de maio celebramos as Quendas, feiras e festas mindonienses tamén chamadas San Lucas pequenas ou de primavera. Comezaron en 1541 e suman 483 anos de andadura. O concello dispuxo naquel entón (17 de marzo de 1541) que “en cada año hubiese tres días de feria franca de toda cosa vendida y comprada”, […]
O pregoeiro das Quendas deste ano é coñecido en Mondoñedo como Suso da Imprenta; nos papeis, Jesús Ramiro Robles López. Naceu en Ferrol o 7 de xaneiro de 1960 –a nai desprazárase a esa cidade para dar a luz– e poucos días despois xa comezou a residir en Mondoñedo, no emblemático barrio da Fonte Vella, […]
Hoxe é o día grande das Quendas —as kalendas maias—e como xa vén sendo habitual des que se impulsaron, tras un longo período de languidecemento, en 1984, Mondoñedo volverá a encherse de vida e de alegría. Segundo un documento de 15 de marzo de 1541 comezou esta feira libre de alcabalas —taxas, tributos— para animar […]
Y foi unha revista mensual, órgano de propaganda da Sección Feminina, dedicada aos temas da muller nacional sindicalista. Fundouna Pilar Primo de Rivera en febreiro de 1938 e dirixiuna Marichu de la Mora, neta de Maura e nai do cineasta Jaime Chávarri. A toda cor, ilustrada con fotografías, debuxos e gravados, moi ben editada e […]
Un non se decata da urxencia de atopar unha fonte onde acalmar a sede ata que a secura o aperta o suficiente. Falo da sede de saber de nós mesmos, do noso pasado familiar e veciñal, de coñecer as vidas dos nosos parentes e devanceiros, de dar razón de como foron as cousas ou quen […]
Este pasado sábado, 22 de xaneiro de 2022, rememorábamos en Mondoñedo os asasinados e represaliados polo franquismo no concello. Un ano máis, a carón dos monólitos e placas que lembran no Cemiterio Vello estas vítimas, unha representación do colectivo Memoria da Mariña honrou o seu recordo cunha ofrenda floral e a lectura de diversos textos. […]
O 11 de xullo despedíase, a petición propia, Suso Fernández como Cronista Oficial de Foz, distinción para a que fora elixido en 2001. Foi o primeiro Cronista da historia de Foz e un amigo de Mondoñedo que agora é relevado en tan honroso cargo por Xoán Ramón Fernández Pacios, outro amigo de Mondoñedo que vai […]
César González-Seco Romero falecía en Mondoñedo hai pouco máis dun século, o 19 de febreiro de 1921. Nacera o 22 de decembro de 1877 e só contaba 43 anos. Era avogado, xornalista, impresor, músico, industrial, tamén foi fiscal municipal e deputado provincial. Como músico foi violinista, dirixiu o Orfeón Mindoniense, refundou o Orfeón Pacheco e […]
Tal día como hoxe, 9 de novembro, de hai 108 anos falecía en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Naceu na mesma cidade o 25 de outubro de 1854 e faleceu ás catro da madrugada do sábado, 9 de novembro de 1912. Segundo testemuño directo recollido e publicado por X. Alonso Montero, expirou no colo do carpinteiro […]