Beatriz e Bea, Daniel e Pepe, sobriñas e sobriños e demais familia, amigas e amigos de Vizoso: Se mo permitides, este acto, en vez de despedida, debe ser de BENVIDA, mesmo de celebración do retorno de Vizoso ao punto de partida. Vizoso! Foi aquí, en Mondoñedo, onde nacestes ti e mailo teus irmáns e irmá, […]

O amigo Xosé Vizoso partiu, sen previo aviso, no decorrer da noite entre o 8 e o 9 de febreiro deste 2025. Non se despediu, nin sequera se molestou en dicirnos adeus, ou, talvez xa o fixera e colleunos desprevidos, cegos e xordos á evidencia, sen que nos decatásemos. A triste nova sorprendeunos na mañanciña, […]
O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de falecemento de Castelao, acaba de conmemorarse o Día da Ilustración que neste ano 2025 honrou ao artista e Fillo predilecto de Mondoñedo, Xosé Vizoso. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), que promove esta homenaxe, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de […]
Os mitos relacionados coa cegueira narran casos extraordinarios. A Tiresias, o grego trans, ora home, ora muller, cegouno a deusa Hera e Zeus confortouno coa capacidade de ver o futuro. Santa Lucía, mártir de Siracusa, preferiu automutilarse e arrincar os ollos para enviarllos a un pretendente que devecía por desflorala e agora é padroeira dos […]
As San Lucas de 1974 non foron as mellores da historia pero non estiveron mal. O tempo meteorolóxico, que ameazaba estragalo todo, mantivo a discreción e respectou os días principais. O certame ‘Cancioneiro das San Lucas’ non se celebrou a pesar das tres brillantes edicións precedentes ─na de 1972 dérase a coñecer Fuxan os Ventos─ […]
A “Paula de Oro” foi unha, outra máis, das ocorrencias de Álvaro Cunqueiro. Neste caso trátase dunha distinción creada e pensada polo escritor mindoniense para premiar aos benfeitores de Mondoñedo aínda que só gozou dunha única edición. Verán como foi. Nos primeiros días do mes de agosto de 1970, don Manuel Fraga Iribarne era un […]
O 7 de decembro de 1958, o excelso escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, publicaba en El Progreso de Lugo, un artigo titulado “Corzos en Zoñán”: “Ha corrido la noticia de que han vistos corzos en Zoñán ─no ciervos sino corzos─, felices galopantes de aquellas brañas, ricas en sombra y agua pura”. Pouco máis adiante afirma que […]
Este ano 2024, poderiamos celebrar os de Zoñán nada menos ca tres centenarios. O primeiro, o da creación e posta en funcionamento da escola pública da que vos falaba no artigo anterior. Aínda que o acordo que facultaba ao alcalde de Mondoñedo para solicitar unha escola para o barrio de Zoñán xa era de 1919, […]
Todo ten un comezo e o Mercado Medieval de Mondoñedo que este ano 2024 celebra a súa trixésimo segunda edición, tívoo cunha cea medieval que tivo lugar o sábado, 18 de xullo de 1992. Nesa data conmemorábase o chamado Día do Turista en homenaxe aos case 50.000 visitantes que recibira Mondoñedo o ano anterior. Entre […]
A coñecida como Farmacia Lombardero ou “de Lavandeira” ocupa o baixo da casa nº 7 da actual rúa Progreso de Mondoñedo, local onde antes estivera a Farmacia Ferreiro. A primeira propietaria foi unha muller singular, María Dolores Lombardero Martínez, quen a rexentou máis de 75 anos, desde 1933 cando, con licencia paterna, por ser menor […]