Fomos a Viana do Castelo! O 10 de novembro asistimos á primeira representación da obra “Manuela Rey is in da house” (Manuela Rey está na casa). O acontecemento tivo lugar na sala principal do fermosísimo Teatro Municipal Sá de Miranda, edificio inaugurado en 1885 que aínda mantén case intacta a construción orixinal, o quinto máis […]
Por estas datas do ano 1904, os ferroláns Román Torres e Joaquín Arias de Miranda con cadansúa montura dispuxéronse a facer “Una excursión a Mondoñedo” para visitar as San Lucas. A viaxe de ida durou dous días. Saíron de Ferrol o sábado, 15 de outubro, e despois de pasar por Narahío e As Pontes fixeron […]
Este sábado, 15 de abril, homenaxearemos en Mondoñedo ao político represaliado polas ditaduras de Primo de Rivera e Franco, Cándido Carreiras Domenech (1870- 1947). Os actos previstos, organizados polo colectivo Memoria da Mariña e por varios veciños e veciñas de Mondoñedo, comezarán ás doce horas no Pazo Santomé (antigo Centro Comarcal) cunha sesión informativa na […]
Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943) é, amais de autor de arredor de 300 obras dramáticas, actor, escenógrafo, director, tradutor, colaborador de revistas especializadas e autor ou coautor de libros fundamentais sobre o teatro galego. Tamén dedicou unha parte importante da súa actividade á poesía, á narración, ao ensaio, á investigación e á divulgación […]
A amizade que mantiveron desde os anos mozos Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro, as relacións epistolares e os múltiples encontros, tivesen lugar en Vilanova, Mondoñedo, Compostela, Vigo ou calquera outro lugar do mundo, xa darían para un extenso ensaio. Hoxe imos quedar só con algúns trazos nos que participou ou letras dedicadas a […]
Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio —foi conselleiro de Sanidade e presidente do Principado de Asturias na década dos noventa— nun artigo titulado “Inquisición e Ilustración. Persecución inquisitorial de las más comunes supersticiones en el Noroeste español a lo largo de la segunda mitad del Siglo XVIII”, e publicado no libro Pasión por Asturias: estudios en homenaje […]
Mondoñedo na Memoria (nº 3), outubro de 2022 ISSN 2660-8324 (en liña) Dep. Legal: LU 62-2020 (PDF) Número monográfico: 1870-2020. De H. Mancebo a Suc. de Mancebo. 150 anos imprimindo en Mondoñedo Edición conmemorativa dos 150 anos ininterrompidos da Imprenta Mancebo en Mondoñedo, desde 1870 a 1930 ata a actualidade. Relembramos ao seu fundador, Hermenegildo Mancebo, aos sucesores, […]
Aínda non se clausurou o San Froilán e xa resoa o chamador que abre as portas das San Lucas 2022. Este ano comezan o día 14 coa lectura do pregón a cargo de Modesto Díaz García. Xa adianto que o excelso pregoeiro, compañeiro nas aulas do IES San Rosendo, vello amigo, rival nos competidos derbis […]
No termo municipal de Mosquera inmediato á capital de Colombia, Bogotá, existe unha área montañosa coñecida como Cerro Mondoñedo. Este territorio a 2.800 metros de altitude era antigamente terra de muiscas, indíxenas que deixaron nesta comarca pegadas de gran valor arqueolóxico como as pinturas rupestres dos abrigos rochosos de Usca. Dentro deste cerro hai un […]
A asociación Tá en Artes pecha cunha exposición a ben merecida homenaxe —cun extenso calendario de actividades ao longo deste 2022— que lle dedicou ao artista mindoniense Quique Guerra na sétima Semana das Artes Plásticas da Mariña. Unha mostra que reúne unha selección da súa obra pictórica e escultórica apenas coñecida máis alá das fronteiras […]