Volver ao ser, na despedida de Xosé Vizoso

Beatriz e Bea, Daniel e Pepe, sobriñas e sobriños e demais familia, amigas e amigos de Vizoso: Se mo permitides, este acto, en vez de despedida, debe ser de BENVIDA, mesmo de celebración do retorno de Vizoso ao punto de partida. Vizoso! Foi aquí, en Mondoñedo, onde nacestes ti e mailo teus irmáns e irmá, […]

Ler máis
No pasamento de Xosé Vizoso

O amigo Xosé Vizoso partiu, sen previo aviso, no decorrer da noite entre o 8 e o 9 de febreiro deste 2025. Non se despediu, nin sequera se molestou en dicirnos adeus, ou, talvez xa o fixera e colleunos desprevidos, cegos e xordos á evidencia, sen que nos decatásemos. A triste nova sorprendeunos na mañanciña, […]

Ler máis
Coñecen a Xosé Vizoso?

O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de falecemento de Castelao, acaba de conmemorarse o Día da Ilustración que neste ano 2025 honrou ao artista e Fillo predilecto de Mondoñedo, Xosé Vizoso. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), que promove esta homenaxe, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de […]

Ler máis
Xosé Vizoso, debuxante eterno

          (Programa en PDF) O venres, 24 de xaneiro de 2025, con motivo de dedicárselle a Xosé Vizoso (Fillo Predilecto de Mondoñedo) o Día da Ilustración 2025, o Museo Provincial de Lugo organiza unha xornada arredor da polifacética obra deste artista mindoniense  excepcional. Lugar: Salón de actos da Deputación de Lugo. […]

Ler máis
As San Lucas de hai 50 anos

As San Lucas de 1974 non foron as mellores da historia pero non estiveron mal. O tempo meteorolóxico, que ameazaba estragalo todo, mantivo a discreción e respectou os días principais. O certame ‘Cancioneiro das San Lucas’ non se celebrou a pesar das tres brillantes edicións precedentes ─na de 1972 dérase a coñecer Fuxan os Ventos─ […]

Ler máis
Homenaxe a Xosé Vizoso: o eterno pícaro de Mondoñedo

Amigo, Xosé: Non vou falar hoxe no meu nome senón no dos colectivos e persoas que promoven e colaboran para que esta homenaxe sexa hoxe realidade; falo, sobre todo, en nome da Asociación ‘As San Lucas’, do Colectivo Mondoñedo É… e no das persoas que desde a proposta inicial ofreceron a súa colaboración entusiasta para […]

Ler máis
Vizoso, o artista das mil mañas

O sábado, 25 de marzo, honramos como se merece a Xosé Vizoso en Mondoñedo. Preséntase unha publicación colectánea da súa obra, editada polo Servizo de Publicacións da Deputación, o concello mindoniense entrégalle os distintivos de Fillo Predilecto e arredor de 200 persoas procedentes de toda Galicia compartiremos co artista acto e mantel. Na publicación, “Homenaxe […]

Ler máis
Os carteis crebacabezas de Vizoso

Desde o 3 ao 30 de outubro vai estar aberta no refectorio do Museo Provincial a exposición “Vizoso. Carteis (1970-2015)”, unha escolla mínima pero ben representativa da produción de Xosé Vizoso como cartelista ao longo de 45 anos. Trátase dunha exposición itinerante que comezou a súa andaina en Mondoñedo en 2014, que pasou por Brión […]

Ler máis