Quen matou o corzo de Zoñán?

O 7 de decembro de 1958, o excelso escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, publicaba en El Progreso de Lugo, un artigo titulado “Corzos en Zoñán”: “Ha corrido la noticia de que han vistos corzos en Zoñán ─no ciervos sino corzos─, felices galopantes de aquellas brañas, ricas en sombra y agua pura”. Pouco máis adiante afirma que […]

Ler máis
Cando a vida pende dunha candea

A vida, ese estado no que os seres vivos aínda alentamos, disque pende, metaforicamente, dun fío. Porén, des que teño memoria e por mor de algo que aconteceu na miña casa, e que agora revivo ou rememoro para contalo, eu sempre crin que a vida pendía, en realidade, dunha candea. Máis exactamente, do tempo que […]

Ler máis
Encontro en Zoñán

O lugar onde un nace é máxico e mesmo se houbese que establecer unha comparación cun espazo ideal diríamos que se parece moito ao Paraíso. Quero contar que nos xuntamos o próximo 2 de setembro arredor dun cento de persoas que nacemos ou temos vencello afectivo con Zoñán, a nosa patria da infancia, o recuncho […]

Ler máis
Historia do mundo

Ata que comecei as aulas no instituto San Rosendo de Mondoñedo polo outono de 1970 apenas saín de Zoñán, a miña aldea, agás algunha vez, poucas, para ir a algunha das festas das parroquias de arredor, ou ás San Lucas, ao médico ou para cruzar as vellas rúas cara Lindín entre os Remedios e Os […]

Ler máis
Lobos en Cabana de Vella

En Cabana de Vella sempre houbo lobos. Antes de pelo e agora, polo que parece, tamén de pluma. Cando íamos por alí apañar toxos para cocer, segar a herba para verde ou para seco, alindar as vacas ou facer outros traballos buscabamos as pegadas das súas poutas nos lameiros de arredor das fontes e xogabamos […]

Ler máis
O ouro viaxeiro de Zoñán

Debaixo da Croa do castro de Zoñán hai, como en case todos os castros e xacementos antigos, tesouros a moreas. Tesouros de ouro imaxinario, naturalmente. Deste ouro o que máis abunda é o que se presenta en po, aínda que tamén son de ouro a lastra e os paus necesarios, incluídos a bóla e o […]

Ler máis
Memoria dunha escola rural

A escola de Zoñán (Mondoñedo) só estivo activa entre 1925 e 1974. Apenas medio século de vida que, como a de tantas outras, ten o mérito de contribuír a alfabetizar ao cento por cento tres xeracións: bisavós, avós e pais dos zoñanegos actuais. En novembro de 1924 anunciábase a creación e a inminente apertura de […]

Ler máis
Milagre en San Cristovo

O lugar de San Cristovo, parroquia d’Os Remedios (Mondoñedo), sitúase na aba do outeiro que coroa o castro de Zoñán, a carón da estrada provincial LU P-3106 entre Mondoñedo e Abadín. Só ten tres casas, a dos Pepitos, a de Monterroso e a de Xerrín. Algo afastada está a capela dedicada ao santo que lle […]

Ler máis
Gamos en Zoñán

Haberá cousa de tres ou catro días lin nun blog deses que se dedican a recomendar rutas turísticas que o castro de Zoñán tamén se pode visitar indo con nenos. Dou fe. Como a croa foi (agora é de propiedade pública) na súa maior parte da miña familia materna, eu xa me acheguei por alí […]

Ler máis