Como ben saben os adictos, o disco A dama e o cabaleiro con poemas de Álvaro Cunqueiro musicados por Amancio Prada foi editado por Ariola en 1987. Unha xoia discográfica que contén catorce cancións que son outros tantos poemas de Cunqueiro musicados e interpretrados pola voz do trobador nacido no Bierzo, en Dehesas de Ponferrada. […]
Quen visite a Casa Museo Cunqueiro en Mondoñedo debe facer parada obrigada ao final do percorrido, no vello faio, cabo da mesa onde se expón a Smith Premier nº 10, a máquina de contar que acompañou ao escritor ao longo da súa vida, unha ferramenta imprescindible que, de falar ou ditar unhas memorias, podería contar […]
A Suso do Bahía Saúdos a autoridades, libreiros e libreiras, autores e autoras, editoras e distribuidoras, amigas e amigos do libro e da lectura! En primeiro lugar, quero agradecer á organización o terme convidado para pregoar esta edición da feira decana de todas cantas se celebran na Mariña e pioneira, a terceira máis antiga, entre […]
O 1 de xuño tiven a honra de acompañar por Mondoñedo a un pequeno grupo de membros do Club de Lecturas da Biblioteca Municipal Durán Loriga da Coruña. Adultos, maioritariamente mulleres, paseamos Mondoñedo baixo unha calor abrasante, seguíndolle os pasos ao autor da obra que acababan de ler, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. Comezamos […]
Aí vén o Maio, señor capitán; bótelle as maiolas da hucha do pan. Louvor ao señor Maio que chega sen chamar! Benvido, señor Maio, tempo de namorar! Os Maios celebráronse en Mondoñedo con moito entusiasmo e grande participación durante moito tempo. Seguramente, séculos. Maios sempre fermosos, vestidos coa follaxe dos bosques de arredor e logo […]
As Quendas non teñen santo nin santa. Chámanse así por coincidir a data coa das calendas, o primeiro día do mes que, neste caso, abre co canto do cuco e o alborexar da primavera. As Quendas, aínda que non gocen da longa historia das Feiras das San Lucas (imos cara os 854 anos de pasado), […]
Álvaro Cunqueiro, en palabras de X. Díaz Jácome, foi clave na recuperación dos Maios de Mondoñedo en 1934. Con letra del e música de Manuel Ledo Bermúdez ‘O Pallarego’, o coro infantil da rondalla O Eco esparexeu aquel ano polas rúas mindonienses este cantar que comeza “Maio está entrando por portas/ o Maio de namorar […]
Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]
A profesora María Xesús Lama López, nacida en Lugo e docente de literatura galega na Universidade de Barcelona, acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Ensaio 2018 pola obra “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade 1837-1863” (Galaxia, 2017). Vaian os nosos parabéns moi merecidos polo premio e pola excelente obra, mais o […]
Non teño aquí abondo espazo para contarlles a historia da arribada dos froitos chamados kiwis a Galicia e menos aínda a das fascinantes e curiosas aves tamén chamadas kiwis que, polo de agora, non se deixaron ver por aquí. A ave kiwi é unha especie de galiña sen ás, endémica e símbolo nacional de Nova […]