Haberá cousa de tres ou catro días lin nun blog deses que se dedican a recomendar rutas turísticas que o castro de Zoñán tamén se pode visitar indo con nenos. Dou fe. Como a croa foi (agora é de propiedade pública) na súa maior parte da miña familia materna, eu xa me acheguei por alí […]
Achégase o 1 de maio e a cuarta edición de Mondoñedo é poesía. Quen o podería sequera imaxinar o 1 de maio de 2014 cando comezaba esta aventura! Mondoñedo é poesía continúa adiante fundamentalmente por tres motivos. O primeiro, porque hai bos e boas poetas neste noso país. O segundo, porque a poesía gusta; non […]
Ás veces, por xogar, mesturo as biografías de Lence e Cunqueiro pois creo que con este exercicio podo comprender mellor a historia mindoniense de boa parte do século XX. Claro que non hai aquí lugar nin espazo para defender cabalmente tal tese polo que só lles deixo un modesto e urxente apuntamento. Lence e Cunqueiro, […]
Sempre que o reloxo mo permite, se non se impacienta por levarme ao traballo ou a outro sitio, procuro almorzar un poema, un relato ou un artigo de Álvaro Cunqueiro. Hoxe, o azar (que non é tan aleatorio como parece) púxome diante un artigo titulado “Pasan los años”, publicado a finais do ano 1958. O […]
Na que se considera a última gran novela picaresca aparece de personaxe un neno de coro de Mondoñedo. A “Histoire de Gil Blas de Santillane” de Alain-René Le Sage publicouse en francés en varios volumes entre 1715 e 1735. Tivo enorme éxito, a pesar das dúbidas sobre a súa orixinalidade; seica se parece a “Vida […]
Amigos e amigas, autoridades, amantes da lectura e dos libros, moi boas tardes! Antes de nada, quero agradecer ao concello de Ribadeo, ao concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e ás persoas que forman parte da organización desta terceira edición da Feira do Libro de Ribadeo que me convidasen para presentar obras de meu e para […]
Cunqueiro só foi convidado a visitar a Real Academia Española despois de morto. Nunha ocasión, tres anos despois do seu falecemento, chegou alí da man da escritora Elena Quiroga, cando no seu discurso de ingreso na augusta casa, pronunciado o 8 de abril de 1984, falou de “Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro”. Pasarían moitos […]
Este venres, 29 de xaneiro deste 2016, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, asistimos a un acto moi emotivo que constituíu un punto e á parte no percorrer histórico do xornal “Mondoñedo”. Alí presentamos o nº 127 dun periódico que a Asociación “Amigos da Cidade de Mondoñedo” ven editando con regularidade nada menos que desde 1987. […]
Desque morreu Álvaro Cunqueiro “Mondoñedo no existe”, deixou escrito Juan Cueto. Non é verdade; Mondoñedo existir, existe, pero ás veces non se ve. A sorprendente somnámbulista italiana Emma Zanardelli tiña anunciada a súa chegada a Mondoñedo para o 7 de xaneiro de 1884. Segundo El Hermandino (5 de xaneiro de 1884) a célebre “funámbula” solicitara […]
Este recorte do xornal "Jornada" chega desde Trelew, Chubut, República Arxentina, facéndose eco da feliz nova da doazón de dúas pezas cerámicas ao Museo Provincial de Lugo por parte do mindoniense-laurentino, Moncho Freire. Na foto, Aurelia Balseiro, directora do MPLugo, Moncho Freire, e un servidor. As obras son da autoría del e do seu pai, […]