Nos arredor de 500 anos de historia da imprenta en Mondoñedo, anotamos en letras de molde unha data capital; o 16 de setembro de 2019, luns dos Remedios, inaugurouse na Casa dos Cóengos (entre a Catedral e o Seminario, a carón da casa natal de P. Veiga) o Centro de Interpretación ‘Imprenta Mondoñedo. Jesús López […]
En Cabana de Vella sempre houbo lobos. Antes de pelo e agora, polo que parece, tamén de pluma. Cando íamos por alí apañar toxos para cocer, segar a herba para verde ou para seco, alindar as vacas ou facer outros traballos buscabamos as pegadas das súas poutas nos lameiros de arredor das fontes e xogabamos […]
Pregón Festa da Árbore 2019 (450 aniversario 1569-2019 da Primeira Festa da Árbore). Mondoñedo, 2 de febreiro de 2019 A primeira Festa da Árbore Hoxe celebramos un aniversario único, moi importante. O 4 de febreiro de 1569, aquí, en Mondoñedo, nesta mesma Alameda, tivo lugar por primeira vez na historia un acto público co obxectivo […]
MONDOÑEDO é POESÍA 2017 1 de maio de 2017 “Mondoñedo é poesía 2017” chega á súa cuarta edición convocando, como nas edicións anteriores, a máis de dúas ducias de homes e mulleres, poetas e músicos, que recitarán e cantarán os seus poemas o día 1 de maio nas rúas, prazas e espazos culturais da cidade. […]
Tal día como hoxe, 28 de marzo de 1960, a corporación municipal de Mondoñedo nomeaba cronista oficial a Álvaro Cunqueiro. Sucedía a Eduardo Lence-Santar y Guitián, o noso primeiro cronista, falecido o 14 de xaneiro daquel mesmo ano, de cuxo nomeamento celebraremos o próximo 25 abril o centenario. Cunqueiro foi o segundo cronista oficial e […]
Ás veces, por xogar, mesturo as biografías de Lence e Cunqueiro pois creo que con este exercicio podo comprender mellor a historia mindoniense de boa parte do século XX. Claro que non hai aquí lugar nin espazo para defender cabalmente tal tese polo que só lles deixo un modesto e urxente apuntamento. Lence e Cunqueiro, […]
Ao amigo Santiago Ares Martínez Ou tamén poderiamos titular, se non resultase excesivo, “De como Colón, Franco, o aviador Lindbergh e a primeira Festa da Árbore celebrada en Mondoñedo en 1569 caben nun pé de páxina”. En moitas ocasións prefiro recrearme coa intrahistoria ou parahistoria das historias; sobre todo, como é o caso, cando xa […]
Collo a escada e subo por ela ata alcanzar o andel máis alto da biblioteca para, como acostumo, esquecerme do que en principio debera facer. Collo un libro que non visito hai moito e ábroo, ao chou. O título “Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada” (1980) da autoría da profesora Araceli Herrero Figueroa. Os […]
O día 4 de outubro achégase a raíña Letizia a Mondoñedo para saudar o comezo de curso dos ciclos formativos deste 2016-2017. Parabéns ao IES San Rosendo, que foi o meu instituto e é o público de referencia para unha ampla comarca, e agradecemento á S. A. R. e ás autoridades intermedias, por lembrarse de […]
Os mercados naceron na prehistoria da avaricia humana, uns días despois (por iso ninguén cobra pola patente) de se inventar o lume. Entón só nos limitábamos a intercambiar o sobro polo necesario, e así foi como descubrimos o de fixar día para tomar unha ración de polbo ou unha “chiquita” de viño. O mercadeo, como […]