Álvaro Cunqueiro, en palabras de X. Díaz Jácome, foi clave na recuperación dos Maios de Mondoñedo en 1934. Con letra del e música de Manuel Ledo Bermúdez ‘O Pallarego’, o coro infantil da rondalla O Eco esparexeu aquel ano polas rúas mindonienses este cantar que comeza “Maio está entrando por portas/ o Maio de namorar […]
Pregón Festa da Árbore 2019 (450 aniversario 1569-2019 da Primeira Festa da Árbore). Mondoñedo, 2 de febreiro de 2019 A primeira Festa da Árbore Hoxe celebramos un aniversario único, moi importante. O 4 de febreiro de 1569, aquí, en Mondoñedo, nesta mesma Alameda, tivo lugar por primeira vez na historia un acto público co obxectivo […]
Tal día como hoxe, 28 de marzo de 1960, a corporación municipal de Mondoñedo nomeaba cronista oficial a Álvaro Cunqueiro. Sucedía a Eduardo Lence-Santar y Guitián, o noso primeiro cronista, falecido o 14 de xaneiro daquel mesmo ano, de cuxo nomeamento celebraremos o próximo 25 abril o centenario. Cunqueiro foi o segundo cronista oficial e […]
Ao amigo Santiago Ares Martínez Ou tamén poderiamos titular, se non resultase excesivo, “De como Colón, Franco, o aviador Lindbergh e a primeira Festa da Árbore celebrada en Mondoñedo en 1569 caben nun pé de páxina”. En moitas ocasións prefiro recrearme coa intrahistoria ou parahistoria das historias; sobre todo, como é o caso, cando xa […]
En Cee, terra natal, e Mondoñedo, cidade onde residiu e traballou a maior parte da súa vida, lembran o seu legado. *** Francisco Mayán, un home adaptado aos tempos © Fran Bouso – Mondoñedo Hoxe cumpriríanse cen anos do nacemento de Francisco Mayán Fernández, catedrático de Xeografía e Historia, investigador e profesor, nacido en Cee […]
Morre en Lugo, Francisco Mayán Fernández. Cronista Oficial de Mondoñedo desde 2001 ata 2010. Foi soterrado en Cee, a súa vila natal, onde nacera o 30 de setembro de 1916. Profesor e director do Instituto “San Rosendo” desde a inauguración en 1954 ata a súa xubilación. Na década dos 60 foi alcalde de Mondoñedo e […]