Alicia Esperanza de la Paz Tella-Villamarín Ferreiro (Doncide, Pol, 1938- Mondoñedo, 2019), despediuse o 10 de setembro de 2019 ás caladas, como sempre viviu e obrou. Estudou Maxisterio, aínda que nunca exerceu a profesión. Chegou a Mondoñedo con apenas seis anos, primeiro por amor á súa tía Alicia, esposa de Pepe Cunqueiro, irmán de Álvaro, […]
Como lector, a Cunqueiro prefíroo polas mañás, tras o almorzo, coa mente esperta e as neuronas activas, dispostas a viaxar sen preguntar pola hora de regreso. A Galeano, en cambio, resérvoo para despois do xantar, no canto da sobremesa ou da sesta, para espelirme con eses golpes baixos, directos ao entripado da miña inconsciencia. E […]
A Asociación Tá en Artes, faro guía da arte da Mariña, homenaxea ao longo deste 2018 ao profesor e escultor Juan Puchades Quilis. Necesaria, xusta, e oportuna cortesía ao mestre que con altruísmo e xenerosidade doou o seu saber ao alumnado e aos discípulos que tivemos a fortuna de cruzar con el os camiños da […]
Amigo, Xosé: Non vou falar hoxe no meu nome senón no dos colectivos e persoas que promoven e colaboran para que esta homenaxe sexa hoxe realidade; falo, sobre todo, en nome da Asociación ‘As San Lucas’, do Colectivo Mondoñedo É… e no das persoas que desde a proposta inicial ofreceron a súa colaboración entusiasta para […]
A Xulio do Canelo e a Pepe de Bastián O pasado 22 de maio percorremos as xeografías valecas do poema “Un galo” de M. Leiras Pulpeiro. Convidáronnos a Isidro Novo e a min Xulio do Canelo e Pepe de Bastián, un tándem que mestura nas doses xustas o maxisterio ben documentado cunha memoria prodixiosa. Un […]