Ás veces, tamén en Mondoñedo, o silencio estoura en berros de dor e morte. Iso foi o que aconteceu aquela mañanciña do 11 de xaneiro de 1938 cando elementos fascistas e gardas civís asasinaron a traizón, con nocturnidade e aleivosía, a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Rodríguez. Tres homes bos dos que deberamos lembrar, […]
A memoria non perturba a paz dos cemiterios. Ao contrario, ilumina coas verdades que botábamos en falta un pasado escurecido a mantenta, ademais de escorrentar medos e aliviar simbolicamente a silenciada dor das vítimas. A memoria é semente necesaria para construírmos presentes e futuros liberados dos erros de tráxicos pasados. Eliminar a historia ou guerrear […]
PROGRAMA Sábado, 13 de xaneiro de 2018 12:00h.-Acto homenaxe no parque a carón do Cemiterio Vello. Interviron: Antonio Reigosa. Cronista oficial de Mondoñedo. Angeles Rodríguez (Portavoz municipal do PP) Eloi Cabanas (Portavoz municipal do BNG) Esperanza González (Portavoz municipal do PSOE) Pedro González (Neto de Siervo Gonález). Graciano Pardo (Neto de Graciano Paz). Actuación musical de Cesar […]
Homenaxe popular a Graciano Paz Amieiro, Siervo González Rivas e Manuel Rodríguez Núñez, no 80 aniversario do seus asasinatos. Mondoñedo, 13 de xaneiro de 2018 Se non fósemos fillos do medo e escravos do silencio non tardariamos 80 anos en reivindicar a límpida memoria dos tres asasinados na travesía da Rocha de Mondoñedo na mañanciña […]