A Unesco acaba de incorporar á Listaxe do Patrimonio Mundial o camiño de peregrinación que desde a beiramar do norte e pasando por Mondoñedo conduce a Compostela. Ademais, sinala a catedral mindoniense, xunto coa de Lugo, como bens asociados de interese singular, o que significa que o nome de Mondoñedo e o seu monumento relixioso […]
Chegou o día. Supoño que xa coñecerá a única boa nova destes días que lle afecta directamente. As malas, esas que invocan o seu nome en van, mellor nin mencionalas. Non hai mal que por ben non veña. A boa nova, a que a nación das letras e a cultura deste pequeno gran país desexaba […]
Mentres agardamos o 7 de agosto para que dea comezo a XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo entretéñome lendo “La invención del pasado. Verdad y ficción en la historia de España” da autoría do lugués Miguel-Anxo Murado onde se defende a tese de que o pasado non é a explicación do presente senón a […]
O barrio dos Muíños seduce desde o primeiro golpe de vista. É un microcosmos de Mondoñedo, o reduto ideal para recompoñer o ánimo, para pasear e gozar da súa estética cativadora. Mesmo a toponomia pon música: Ponte do Pasatempo ou de Ruzos, Fonte dos Pelamios, Rúa das Moscas. O barrio dos Muíños ten unha longa […]
Hai xa cen anos, a principios de 1915, houbo en Mondoñedo un enfado considerable co fundador e entón presidente da Real Academia Galega, Manuel Murguía. A orixe do conflito estaba nun artigo asinado polo prócer no Almanaque Gallego para 1915, editado en Bos Aires por Manuel Castro López, onde poñía en cuestión a autoría d’A […]
Celebración de Mondoñedo Acto de presentación do Cronista Oficial da Cidade Salón de Plenos, Casa do Concello de Mondoñedo, 8 de maio de 2015, 19:30 h. Debuxo agasallo do grande artista, e case zoñanego, Xosé Vizoso Sr. Alcalde, señoras concelleiras, señores concelleiros, familiares, amigas e amigos, veciños e veciñas de Mondoñedo que hoxe nos acompañades: […]
Se F. Filgueira Valverde tivese ocasión de revisar a súa tese doutoral titulada “La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval” veríase na obriga de engadir un novo caso. Un suceso marabilloso tan sorprendente en todos os sentidos como aquelas fantasías de antano guiadas polo apetito de inmortalidade. Lembramos que […]
Antonio Reigosa Ou a historia de como os versos de Rosalía de Castro viaxaron no fardel da memoria de Dolores Iglesias desde Mondoñedo ata Arxentina nas primeiras décadas do século XX. Seguímoslle o rastro a un anuncio que publicaba no seu perfil de facebook o amigo e incansable pescudador de historias mindonienses, Cidre Fernández. Do […]
Antonio Reigosa Este xoves, 26 de febreiro, soará solemne a fanfarra para recibirmos a Sinbad, o vello mariño que arribará coas súas historias no porto da fantasía mindoniense. Celebramos a quen o creou, ao tamén vello e sabio Álvaro Cunqueiro quen, nun día coma este (un 28 de febreiro de hai 34 anos), decidiu migrar […]
Antonio Reigosa Nestes días choqueiros, mentres gozamos da algarabía antroideira, tamén é bo momento para lembrar unha “acusación” que se recitaba por estas datas no Mondoñedo de mediados do século XIX. O documento descubriuno en 1994 no Archivo Histórico Nacional de Madrid o antropólogo Clodio González Pérez. Publicouno en 2010, no nº 5 de Adra, […]