Don Manolín, bispo, tradutor e poeta 

Na terceira edición de “Mondoñedo é poesía” que tivo lugar o pasado 1 de maio reservamos un tempo para homenaxear a un bispo que exerceu de pastor da diocese desde a súa chegada a Mondoñedo o 4 de maio de 1890 ata a súa morte, o 25 de xuño de 1905.  Era asturiano, nacido en Uviéu o 10 de xaneiro de 1834, e chamábase Manuel Fernández de Castro y Menéndez Hevia.

En Mondoñedo deixou memoria de home bo, incluso de santo, tanto que a fonte que hai na estrada que desde Mondoñedo leva cara a Lindín, uns metros máis arriba do lugar de San Carlos, chámase Fonte do Bispo Santo no seu honor. Seica paseaba ata alí (nunca gozou de boa saúde), para, logo de se refrescar e descansar, regresar ao pazo bispal.

Manuel Fernández de Castro

Manuel Fernández de Castro

Para calibrar a súa humildade  e desapego ao boato abondaría saber que o seu desexo foi que o soterrasen no cemiterio da parroquia do Carme, fundada por el, na mesma entrada, sen rótulo nin inscrición que identificase a súa tumba. E así se fixo.

Logo, non está moi claro se cambiaron a entrada orixinal deste cemiterio, e se onde cadraba esta construíron a actual capela ou se en 1920 o bispo Solís ordenou trasladar os seus restos ao interior da capela onde, desta si, unha inscrición sobre a lousa fai memoria: “Aquí yacen los restos mortales del Ilmo. Sr. D. Manuel Fernández Castro, fundador y protector de esta parroquia. Falleció el 25 de junio de 1905. R.I.P”.  E alí descansa, case esquecido.

Nos seus 15 anos de pontificado promoveu numerosas reformas. Culminou o arranxo parroquial en 1895, ampliou o edificio do Seminario Concialiar e creou novas parroquias por toda a diocese, como a do Carme e a de San Vicente de Trigás. Na súa época construíronse as igrexas parroquiais de Santiago, a Nova, independizando así esta parroquia da sé catedralicia e inaugurada en 1901, e a do Carme.

É moi interesante a correspondencia que publica don Enrique Cal Pardo no seu “Episcopologio Mindoniense” sobre os concursos parroquiais que convocou ou as súas visitas pastorais, textos estes onde os intereses por dereitos e aranceis, e, en xeral, a relación de queixas e menosprezos das que foi obxecto  por parte dalgúns párrocos proban a súa sólida personalidade.

Se cadra foi por iso, porque soubo resolver con elegancia esas acometidas de certo clero díscolo polo que foi recoñecido polo pobo co prosaico título de “Don Manueliño” ou “Don Manolín”. Consérvase un retrato del na sancristía da igrexa parroquial do Carme e outro na Sala Capitular da SIC.

Mais, en Mondoñedo, a pesar de téremoslle dedicada unha rúa e una homenaxe en 1955, rúa que vai desde a praza dos Muíños de Arriba ata a igrexa parroquial do Carme, case ninguén sabe que Manuel Fernández de Castro foi, ademais de bispo, escritor en bable e tradutor a esta lingua dun fragmento do Evanxeo de Santo Mateo, o que o converte nun pioneiro do rexurdimento  da llingua asturiana no século XIX.

 Tradutor

“L’Evanxeliu según San Matéu”, o evanxeo en bable, editouse por primeira vez en Londres en 1861 cunha tirada de tan só 250 exemplares a expensas do príncipe e filántropo, sobriño de Napoleón I e curmán de Napoleón III, Luis Luciano Bonaparte.

Era este home un científico notable, lingüista e filólogo de prestixio, autor dunha obra inmensa, filántropo xeneroso que posuía una biblioteca extraordinaria e que promoveu especialmente o estudo de linguas como o eúscaro, e a tradución de textos bíblicos a moitas linguas minorizadas, entre elas o “Evanxeo de San Mateo” ao galego, traballo que se publicou tamén en 1861 e que estivo a cargo de José Sánchez de Santa María.

É probable que a tradución de “L’Evanxeliu según San Matéu” fose obra comunal, coordinada polo noso bispo cando ostentaba a cátedra de Teoloxía Dogmática no Seminario Conciliar da capital asturiana, aínda que na primeira edición dise que é obra de “un presbítero natural de Asturias con la cooperación del Príncipe Luis Luciano Bonaparte”. Tamén traduciu en 1854 a bula Ineffabilis Deus de Pío IX sobre o dogma da Inmaculada Concepción.

A  intrahistoria do encargo da tradución do Evanxeliu ten certo interese, pois naqueles tempos o Código de Dereito Canónico prohíbe expresamente imprimir en linguas vernáculas as Sagradas Escrituras. Algúns cren que foi Guillermo Estrada Villaverde, un asturiano moi implicado na causa carlista, amigo de xuventude do noso bispo e ben relacionado co príncipe Luis Luciano Bonaparte quen, entón exilado en Francia, puido servir de intermediario para que a tradución se publicase en Londres, sen licencia eclesiástica. Nesta suposición podería estar a explicación de que non se identifique ao presbítero que a realizou.

Outros investigadores como Alfonso Vigón apuntan a que o papel de intermediario correspondeu ao entón embaixador español en París, asturiano de nación, chamado Alejandro Mon y Menéndez.

 Escritor e poeta

Don Manueliño, esperto latinista, escribiu artigos que se publicaron na prensa local da súa cidade como na revista defensora do carlismo “La Unidad”, manuscritos para impartir o catecismo, poesías e diálogos con fins didáctico-relixiosos, e outros textos de carácter científico, doutrinais, filosóficos e teolóxicos. Algúns dos seus versos xa circulaban por Uviéu en follas voandeiras arredor de 1870.

En 1987 Xosé Miliu Díaz e Federico Fierro Botas promoven a creación do “Coleutivu Manuel Fernández de Castro”, un grupo de cregos e segrares asturianos que trata de fomentar o uso normalizado do asturiano na igrexa, e en 1997 foille dedicada a Selmane de les Lletres Asturianes.

Unhas das cualidades e dedicacións que destaca na súa biografía foi a de catequista. Parece que tiña certo don para comunicarse cos cativos e é precisamente nesa faceta onde se desenvolve o seu quefacer poético.

No folleto que se repartiu entre os asistentes ao recital poético do 1 de maio figuran dous poemas da súa autoría, “Añada de la Virxe” e “Les oveyines”,  que se recitaron no acto polo académico da Academia de la LLingua Asturiana, Xosé Ramón Iglesias Cueva. Este mesmo académico fíxonos un bosquexo biográfico do noso bispo, que en asuntos lingüísticos e literarios énos aínda hoxe practicamente descoñecido.

Coñécese outro poema da súa autoría “Un ricu avarientu” que, como os anteriores, é de tema relixiosos, versos escritos e pensados con afán didáctico para ensinar aos nenos e nenas a doutrina, e cuestións de fe, de moral ou de interese social. Versos e poemas dos que os lectores e as lectoras desta revista poden ler una boa mostra noutras páxinas deste número de “Amencer”.

POESÍES DE MANUEL FERNÁNDEZ DE CASTRO

LES OVEYINES

Señora, equí –y traigo

estes oveyines,

de les más hermoses,

de les más llucíes.

Como nel rebañu

de toes se críen,

unes son perblanques,amencer-232

otres con manchines.

Nun pacen la yerba,

ni apenes reblinquen,

porque nel corripiu

les tuvi escondíes.

Criéles yo a mano

con lleche y fariñes

pa teneles siempre

mui avezadines.

Tómeles, Señora,

que nun quedo triste:

A Usté y al so Fíu

yo siempre los quixe.

Una cosa-y pido,

y pído-yla humilde,

que d´hoy  en alantre

persuyes les miren.

Que ´l Niñín les quiera

y faiga caricies,

y peine la llana

coles sos manines.

Qu´Él mesmu les eche

cabo sí xuntines,

y los pies-yos tape

pa que nun s´enfríen.

Pero Usté, Señora,

sía quien les guíe;

y que ´l Neñu asina

pueda divertiles.

Cuélgue-yos del cuellu

cintes Mateínes

y pingando d´elles

unes esquilines.

Y que ´l Neñu hermosu,

pa que nun s´esvíen,

con faraguyinos

les engatusine.

Dempués colos deos

fiendo veyurines,

diga en frente d´elles:

“Puchines, puchines”.

Y veráles lluego

cómo a él se tiren,

y cómo lu abracen

coles patiquines.

Si quiciás aporta

s´enreden perdíes

en los argomales,

felechos o blimes,

y que ´l llobu fieru

feroz les persigue,

y quier tarazales

colos sos caniles;

que nel intre ´l Neñu,

vaiga y me les llibre;

y les xunte toes;

y afale per illes.

Y usté nun les dexe,

Señora, dir llibres;

que ´l llobu les mata

si les ve esparcíes.

Solo, solo al Neñu

sigan mui xuntines,

y a Usté, la Guardiana,

que cuiden sos vides.

Tómeles, Señora,

que nun quedo triste:

a Usté y al so Fíu

yo siempre los quixe.

 

AÑADA DE LA VIRXE

Duermi Fíu del alma

duermi, queríu

que to Ma nun descansa

con ti aflixíu:

duermi ensin pena,

qu´al empar de to cuna

estó yo en vela.

Con tomillu y romeru

y mazanilla

atropóte to madre

esta camina,

pa que tranquilu

dormidín te me quedes,

queríu míu.

Nun-y quites el sueñu

con el to llantu,

palombina que ximes4_triptico-pagina001

en el carbayu.

¡Ai! Les tos quexes,

¿nun ves qu´al Neñu hermosu

me lu desvelen?

Vosotros, paxarinos

de la enramada,

nun despertéis al Neñu,

que yá apigaza.

Marcháivos lloñe;

dii a fer gorgolinos

acullá, al bosque.

Brises que trebeyando

vais gayasperes,

pasiquín, airiquinos,

ansí… más sele:

que ´l mio queríu

yá se me va quedando

cuasi dormíu.

Veilu cómo se queda…

coles manines

enfilaes una n´otra

fiendo sortiyes:

la cariquina

paez al sol hermosu

metá del día.

Cuando los sos güeyinos

blandos me miren,

les entrañes de fuelgu

siento me blinquen:

ciárralos, monu,

ciárralos, monín míu…

duermi otro pocu.

Déxame date un besu,

fiín del alma,

nesa cara de rosa

tan engraciada.

Otru besín…otru…

vales tu más dinero

que ´l mundu tou.

¡Consuelu de mio vida,

lluz de mios güeyos,

amor de mios amores,

en quien me fuelgo,

duermes yá en calma…

Duermi, queríu míu,

que toi yo en guarda!

©Antonio Reigosa

Artigo publicado en  “Amencer”, nº 232, abril-agosto 2016, p. 25-31, revista editada polo Real Seminario Conciliar de Santa Catalina e a Asociación Cultural Amigos de “Amencer”, Mondoñedo.