A Mondoñedo tamén chegaron os ecos da fazaña do Plus Ultra hai cen anos. O 22 de xaneiro de 1926 partiu do porto de Palos de la Frontera (Huelva) o hidroavíón Plus Ultra tripulado polos militares do exército español J. Ruíz de Alda, J. M. Durán, o mecánico Pablo Rada e o comandante ferrolán Ramón […]
Antonio Teijeiro Prieto naceu na rúa Padilla (actual Afonso VII) de Mondoñedo o 25 de abril de 1882; o seu pai era o músico, pintor e debuxante, Ramón Teijeiro Martín e a súa nai, Josefa Prieto Alonso. Foi vicepresidente da Juventud Jaimista de Mondoñedo e presidente da Juventud Tradicionalista. Tamén foi administrador do periódico La […]
Siervo González Rivas naceu en Mondoñedo en 1886. Era axente de recadación do concello desde 1927. Nos días da II República foi dirixente do Sindicato Único de Profesións Varias da CNT e presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obreira en 1934. Nas eleccións de 1933 encabezou a candidatura pola provincia de Lugo […]
PACO PIÑEIRO A UN PASO DE SER NOVO FILLO PREDILECTO DE MONDOÑEDO O Concello de Mondoñedo ven de iniciar o trámite para o nomeamento como Fillo Predilecto de don Francisco Piñeiro González (Paco Piñeiro). No último Pleno Ordinario, celebrado na Casa Consistorial o 31 de xullo de 2025, presentouse unha moción para nomear Fillo Predilecto […]
Chegou Mauro! Como cronista son xa demasiadas veces as que tiven que teletransportarme ao outro lado da vida. E ver que pasa, e quen entra xa para quedar e facer alí o que, seguramente, non puido ou non lle deixaron facer entre os de aquí. Chegou Mauro! Caía a tarde grisalla e triste do 23 […]
Como saben, a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificándoo en sete mulleres: Pandereteiras de Mens (Malpica), Eva Castiñeira (Muxía) e Adolfina e Rosa Casás (Cerceda). Quizais a mellor maneira de sumarnos a esta celebración é homenaxear como merecen mulleres das que hai memoria nos nosos respectivos […]
Texto do autor extraído do libro Manuela Rey is in da house (Edicións Positivas, 2024) Como acontece con todo aquilo que realmente paga a pena, tamén o meu encontro con Manuela Rey foi casual. Non lembro a data exacta. Eran os primeiros meses do ano 2015 e eu andaría, supoño, tras algunha información nas hemerotecas […]
José Sánchez Gacio naceu en Mondoñedo (Lugo), na rúa Concepción, o 10 de xaneiro de 1898. Axiña pasou residir na rúa Bispo Sarmiento e a partir de 1944, tras casar con Alicia Gómez Real, trasladou a residencia á casa, propiedade da familia da muller, sita na Fonte Vella. O seu pai, Constantino Sánchez Graña, foi […]
HOMENAXE A JOSÉ SÁNCHEZ GACIO José Sánchez Gacio (Mondoñedo, 1898 – 1980), avogado de profesión, ostentou os cargos de presidente da Deputación de Lugo e gobernador civil da provincia da Coruña nos tempos democráticos da II República (1931-1936). Tras o golpe de Estado de 1936 foi detido, sometido a consello de guerra en 1938 e sentenciado […]
Os mitos relacionados coa cegueira narran casos extraordinarios. A Tiresias, o grego trans, ora home, ora muller, cegouno a deusa Hera e Zeus confortouno coa capacidade de ver o futuro. Santa Lucía, mártir de Siracusa, preferiu automutilarse e arrincar os ollos para enviarllos a un pretendente que devecía por desflorala e agora é padroeira dos […]