Siervo González Rivas naceu en Mondoñedo en 1886. Era axente de recadación do concello desde 1927. Nos días da II República foi dirixente do Sindicato Único de Profesións Varias da CNT e presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obreira en 1934. Nas eleccións de 1933 encabezou a candidatura pola provincia de Lugo […]
PACO PIÑEIRO A UN PASO DE SER NOVO FILLO PREDILECTO DE MONDOÑEDO O Concello de Mondoñedo ven de iniciar o trámite para o nomeamento como Fillo Predilecto de don Francisco Piñeiro González (Paco Piñeiro). No último Pleno Ordinario, celebrado na Casa Consistorial o 31 de xullo de 2025, presentouse unha moción para nomear Fillo Predilecto […]
Mauro Leivas naceu no barrio dos Muíños de Mondoñedo en 1955 e faleceu no mesmo lugar este pasado 23 de xullo de 2025. Se un le os obituarios e condolencias de ordinario aparenta que en todo ese tempo nada pasou, como se desde os tristes anos en que lle tocou nacer nada mudase e a […]
Hoxe cóntolles pola breve a historia dun veterinario chamado Rodrigo Rodríguez Rodríguez, un leonés que deixou pegada en Mondoñedo aínda que xa case ninguén o lembra. Don Rodrigo naceu en Villarejo de Órbigo (León) en 1908, faleceu en Ferrol o 5 de novembro de 2001 aos 93 anos e foi soterrado no cemiterio municipal de […]
Como saben, a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificándoo en sete mulleres: Pandereteiras de Mens (Malpica), Eva Castiñeira (Muxía) e Adolfina e Rosa Casás (Cerceda). Quizais a mellor maneira de sumarnos a esta celebración é homenaxear como merecen mulleres das que hai memoria nos nosos respectivos […]
«Cando comeza maio / chegan as Quendas / chámanos Mondoñedo / imos ás Quendas.» Este ano, que vai de cantigas e cantareiras por dedicarse o Día das Letras Galegas a sete mulleres ponte na transmisión do patrimonio poético e musical deste pais, imos volver a vista atrás, concretamente ao ano 1984 para revisar a historia […]
HOMENAXE A JOSÉ SÁNCHEZ GACIO José Sánchez Gacio (Mondoñedo, 1898 – 1980), avogado de profesión, ostentou os cargos de presidente da Deputación de Lugo e gobernador civil da provincia da Coruña nos tempos democráticos da II República (1931-1936). Tras o golpe de Estado de 1936 foi detido, sometido a consello de guerra en 1938 e sentenciado […]
Beatriz e Bea, Daniel e Pepe, sobriñas e sobriños e demais familia, amigas e amigos de Vizoso: Se mo permitides, este acto, en vez de despedida, debe ser de BENVIDA, mesmo de celebración do retorno de Vizoso ao punto de partida. Vizoso! Foi aquí, en Mondoñedo, onde nacestes ti e mailo teus irmáns e irmá, […]
O amigo Xosé Vizoso partiu, sen previo aviso, no decorrer da noite entre o 8 e o 9 de febreiro deste 2025. Non se despediu, nin sequera se molestou en dicirnos adeus, ou, talvez xa o fixera e colleunos desprevidos, cegos e xordos á evidencia, sen que nos decatásemos. A triste nova sorprendeunos na mañanciña, […]
O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de falecemento de Castelao, acaba de conmemorarse o Día da Ilustración que neste ano 2025 honrou ao artista e Fillo predilecto de Mondoñedo, Xosé Vizoso. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), que promove esta homenaxe, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de […]