O do Mirador habería que miralo

Os de Mondoñedo estamos acostumados a mirar cara arriba. É a penitencia perpetua que nos tocou por habitar os baixíos dun val rodeado de alturas con excelentes vistas panorámicas. Bendita penitencia! Hai uns días parei o coche na explanada do Mirador. Precisaba saber que senten os que non sendo mindonienses nos ven desde as alturas […]

Ler máis
Aniversarios mindonienses para 2017

Como todos os anos deixan na bagaxe mil historias que contar, recorramos a recordatorios quinquenais ou múltiplos de cinco para non abusar das efemérides que nos teletransportan a un pasado máis ou menos evocador. Mondoñedo ten moita memoria na recámara para este 2017. Esquezamos o negativo, como aqueles banquetes que se celebraron en Lugo e […]

Ler máis
Daniel Cortezón e a Cova do Rei Cintolo

 Nestes días decembrinos, ao tempo que remata a posibilidade de visitar a Cova do Rei Cintolo por esta temporada, tamén se cumpren 60 anos da publicación da novela do ribadense Daniel Cortezón titulada, precisamente, “As Covas do Rei Cintolo”. A suspensión das visitas por parte do concello de Mondoñedo ten que ver co respecto ao […]

Ler máis
7 de novembro de 2015: Homenaxe a Enrique Cal Pardo

HOMENAXE EN MONDOÑEDO A DON ENRIQUE CAL PARDO Acto de recoñecemento, na véspera do seu 93 aniversario, no que se presentou a súa publicación “Mondoñedo –catedral, cidade, bispado- na segunda metade do século XV”, magnificamente editada polo servizo de publicacións da Deputación Provincial. Fixo as funcións de mantedor, Fran Bouso; don José Bello, reitor do […]

Ler máis
21 de xullo de 1813

Dáse lectura nas Cortes dunha “exposición del ayuntamiento constitucional de la ciudad de Mondoñedo, en que después de felicitar al congreso con las más espresivas demostraciones por la extinción del feudalismo, del voto de Santiago y del tribunal de la Inquisición, y por los demás decretos beneficos que ha sancionado”. (+ Dietario de Mondoñedo)

Ler máis
Almanaque de Mondoñedo: 13 de xullo de 1927

Mércores. Grave accidente no Pozo Mouro. Sobre as nove da mañá, ao coche correo que se dirixía a Lugo desde Ribadeo agarratóuselle a dirección na curva do Pozo Mouro e, como consecuencia, ao non poder contrololalo o chauffer, caeu polo terraplén e deu unha volta de campá. Tres viaxeiros resultaron con feridas graves, entre eles […]

Ler máis
Grave accidente o 12 de xullo de 1924

Grave accidente nunha curva da estrada xeral en Sasdónigas. O ómnibus que facía a ruta A Coruña-Ribadeo, matricula de Lugo e marca De Dion-Boutón (motor con patente francesa, probablemente fabricado en Chavín, Viveiro, na fábrica fundada por Jose Manuel Barro González, de Viloalle), sofre un grave accidente cando baixaba desde A Xesta en dirección a […]

Ler máis
Almanaque de Mondoñedo: 18 de marzo de 1834

Resolución da Raíña Gobernadora en contestación ao escrito que lle dirixixira o coronel de Rexemento Provincial de Mondoñedo solicitando castigos severos para os mozos que se automutilan (arrancándose os dentes, cortándose os dedos das mans), para evitar o servizo das armas. Na contestación di que ninguén quede libre de prestar o servizo de armas aínda […]

Ler máis
Dietario de Mondoñedo: 5 de xullo de 2015

A UNESCO fai pública a inclusión na Listaxe do Patrimonio Mundial do Camiño da Costa e do Camiño Primitivo, así como dalgúns edificios singulares asociados como a catedral de Mondoñedo. (+ Dietario de Mondoñedo)

Ler máis