Centenario de Don Fino

O 8 de xaneiro deste 2021 celebramos o centenario da publicación do primeiro número de Don Fino, o xornal satírico de saída irregular e breve vida que se imprimía na imprenta de César G, Seco de Mondoñedo. O seu ideario político anticaciquil e liberal defendía, desde o agrarismo católico máis combativo, o enfrontamento a campo […]

Ler máis
Cunqueiro en tres folios

Cunqueiro sempre sorprende para ben e a obra que lles recomendamos amplía horizontes e engrandece, se isto for posible, a enorme figura literaria do autor de Mondoñedo. Na primavera deste extravagante 2020 viu a luz, en primorosa edición ao coidado de Miguel González Somovilla, unha extraordinaria antoloxía de artigos periodísticos da autoría de Álvaro Cunqueiro […]

Ler máis
No cabodano de Leiras Pulpeiro

Tal día como hoxe, 9 de novembro, de hai 108 anos falecía en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Naceu na mesma cidade o 25 de outubro de 1854 e faleceu ás catro da madrugada do sábado, 9 de novembro de 1912. Segundo testemuño directo recollido e publicado por X. Alonso Montero, expirou no colo do carpinteiro […]

Ler máis
Do Noso Lar

Dicíamos nun artigo anterior que a Sociedad Mondoñedo y Distritos se creou en Bos Aires o 22 de agosto de 1920 e que un dos seus froitos máis excelsos foi a publicación de Do Noso Lar, álbum artístico-literario de 96 páxinas con fotografías de persoeiros, paisaxes, patrimonio e monumentos. Coordinou a edición Ricardo Veiga e […]

Ler máis
Pola Mariña encantada

A Mariña, ancorada memoria dunha extinta provincia e sede bispal milenaria, é señorío mesturado de terra fértil e augas vivificantes, pedra e arxila, frondosos bosques e ríos saltasebes, frescas fontes e canoras fervenzas, covas enigmáticas e furnas misteriosas. A Mariña é praia, sol e sombra, camiño, sebeiro e ronsel de escuma no Mar das Baleas, […]

Ler máis
Mondoñedo na Memoria (nº 1): Centenario de ‘Mondoñedo y Distritos’

ISSN 2660-8324 (en liña) Dep. Legal: LU 62-2020 (PDF) O próximo 22 de agosto celebramos o centenario da fundación da Sociedad Mondoñedo y Distritos que se creou na mesma data de 1920 nunha reunión ritual celebrada no nº 725 da rúa Tacuari da cidade de Bos Aires. Asinaron a acta fundacional Valentín González, Víctor Domenech, […]

Ler máis
DE RE ARCHAEOLOGICA: ARQUEOLOXIA, HISTORIA E PATRIMONIO

DE RE ARCHAEOLOGICA: ARQUEOLOXIA, HISTORIA E PATRIMONIO Notas, referencias e artigos sobre o arqueoloxía, historia, patrimonio,… de Mondoñedo e da súa contorna, a cargo do arqueólogo Abel Vigo Saúdamos a aparición desta publicación virtual especializada na arqueoloxía mindoniense a cargo do arqueólogo Abel Vigo, que é quen mellor coñecede os misterios agachados no subsolo urbano […]

Ler máis
Contrahistorias de Galicia

Autor: Reigosa, Antonio Colección: Fora de colección Ilustrador: Rita Gutiérrez Formato: 20×24 cm Edición: xullo, 2020 Idioma: galego Páxinas: 112 Encuadernación: tapa dura ISBN: 978-84-17824-27-3 Edicións Embora Contrahistorias de Galicia son as outras historias ou, se o prefiren, o lado escuro e encuberto do noso pasado. Este libro trae ao presente mediante textos breves, apoiados «contra» profusas e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, unha […]

Ler máis
A inopinada morte de Dosinda de Mondoñedo

Xa deixamos noutras crónicas noticia de Toribio Novoa, Rudesindo Caldeiro, Otilia de Lindín ou do petit chantre do Gil Blas de Le Sage, aos que engadimos agora o nome de Dosinda, personaxe de ficción natural de Mondoñedo segundo quen a imaxinou, o escritor Alonso Zamora Vicente (Madrid 1916-2006). Dou con Dosinda nun relato deste filólogo, […]

Ler máis
A dama e o cabaleiro

Como ben saben os adictos, o disco A dama e o cabaleiro con poemas de Álvaro Cunqueiro musicados por Amancio Prada foi editado por Ariola en 1987. Unha xoia discográfica que contén catorce cancións que son outros tantos poemas de Cunqueiro musicados e interpretrados pola voz do trobador nacido no Bierzo, en Dehesas de Ponferrada. […]

Ler máis