O granadino José Puertollano agatuñou as dúas torres da catedral de Mondoñedo na segunda quincena de setembro de 1910. Pola mañá partindo desde o chan coroou a torre dereita e pola tarde, comezando á altura do segundo corpo, a esquerda. Acomodado nos brazos da cruz de ferro que a remata saudou ao público congregado na […]
A asociación Tá en Artes pecha cunha exposición a ben merecida homenaxe —cun extenso calendario de actividades ao longo deste 2022— que lle dedicou ao artista mindoniense Quique Guerra na sétima Semana das Artes Plásticas da Mariña. Unha mostra que reúne unha selección da súa obra pictórica e escultórica apenas coñecida máis alá das fronteiras […]
Manuel Montero Rego, o Merlín de Cunqueiro e Mondoñedo, viaxou ao ceo da memoria na tardiña do venres, 15 de abril de 2022, cos seus 94 anos consumidos. Volveuse etéreo e de agora en adiante só se deixará ver en figura de vara de mago como unha luciña refulxente nun océano de fantasías. O demais […]
O afecto a Lugo que Álvaro Cunqueiro manifestou en numerosas ocasións comezou nos anos adolescentes cando visitaba a cidade para examinarse por libre no instituto. Despois viría a estadía como aspirante a bacharel e as amizades lugueses –Pimentel, Fole, Trapero…– que tanto cultivou. Dedicou a Lugo, á muralla, ao san Froilán, ao Miño ou aos […]
José Villaamil y Castro (Madrid, 1838-1910) e Víctor de Silva Posada (Mondoñedo, 1858-1925), foron dous destacados persoeiros que deixaron valiosas obras para a historia de Mondoñedo e de Galicia. Ambos foron colaboradores de numeroso medios, entre eles Galicia Diplomática, a revista de arquivos, bibliotecas, historia, arqueoloxía, heráldica, literatura, ciencias e artes que dirixiu entre 1882 […]
Un non se decata da urxencia de atopar unha fonte onde acalmar a sede ata que a secura o aperta o suficiente. Falo da sede de saber de nós mesmos, do noso pasado familiar e veciñal, de coñecer as vidas dos nosos parentes e devanceiros, de dar razón de como foron as cousas ou quen […]
Este pasado sábado, 22 de xaneiro de 2022, rememorábamos en Mondoñedo os asasinados e represaliados polo franquismo no concello. Un ano máis, a carón dos monólitos e placas que lembran no Cemiterio Vello estas vítimas, unha representación do colectivo Memoria da Mariña honrou o seu recordo cunha ofrenda floral e a lectura de diversos textos. […]
Ata que comecei as aulas no instituto San Rosendo de Mondoñedo polo outono de 1970 apenas saín de Zoñán, a miña aldea, agás algunha vez, poucas, para ir a algunha das festas das parroquias de arredor, ou ás San Lucas, ao médico ou para cruzar as vellas rúas cara Lindín entre os Remedios e Os […]
Edelmiro Bascuas López depositou en outubro de 1998 no Museo Provincial de Lugo materiais procedentes deste xacemento sito a 400 metros de altitude na Serra da Toxiza, parroquia de Viloalle, en Mondoñedo. Segundo consta na correspondente ficha, o depositante di que os materiais foran atopados casualmente por un amigo cazador e el mesmo entre os […]
Parece que por fin se acometen as urxentes obras de restauración do Cristo do Fiouco, un cruceiro singular situado onde se bican as parroquias de Cadavedo e Argomoso e os concellos da Pastoriza e Mondoñedo. O proxecto técnico e a financiación das obras necesarias corre a cargo de Enel Green Power España SL, empresa beneficiaria […]